IX edición da
“Copa da Costa” Xuvenil, Oitavos de Final - Ida:
Resultado: SD FISTERRA 5–2 SCD
MALPICA
SD FISTERRA: Ángel; Javi,
Suárez, (Jóse, 43), Rubén, (C) Breixo, (Cartamil, 66), Noé, Josema, Gabi, (Dani,
60), Abel, Adrián, (Pazos, 49), Benlloch.
SCD MALPICA: Manuel; Víctor Novo, Chols, Canario, (C) Steven, Mouri, Petís, David, (Plejo, 84), Eloy,
Guille, Alberto, (Brais,61).
Árbitro: Sr. José Mª Romero Rama.- (Fútbol
Base.-Santiago). Actuación regular, influenciado polo público nalgunhas
decisións, aínda que sen influír no resultado.
Goleadores: 0-1, m. 12: derrubo de Josema a Víctor Novo dentro da área, o correspondente penalti
lánzao Eloy a dereita de Ángel. 0-2,
m.19: saque de curruncho botado por Alberto, que Víctor
Novo envía as mallas de impecable testarazo. 1-2, m. 43: Abel, de tiro pegado
ao poste sorprende a Manuel. 2-2, m. 46:
falta directa dende o vértice da área lanzada por Josema, erra na blocaxe
Manuel e Rubén co ombro manda a rede. 3-2, m. 65: saque directo de falta a
altura da media lúa, efectuada por Pazos,
toca na barreira e descoloca a Manuel. 4-2,
m. 70: internada de Jóse, pola banda esquerda cun centro ao 2º pau onde se
atopa só Benlloch, que marca a pracer. 5-2, m. 89: nova colada de Jóse, pola
esquerda, atrae a defensa malpicán e centra ao 2º pau, Abel,
completamente só empurra a rede.
Ambiente e incidencias: 60 seareiros nas bancadas, que animaron ao seu equipo e increparon constantemente
ao sr. colexiado. Tarde nubrada con 15º de temperatura. Non houbo mancados nin
expulsados.
Xogadas perigosas da SD
Fisterra: Tivo algunha ocasión de marcar mellor ca dos goles, o
dianteiro
centro Abel, sobre todo ao comezo do partido, pero ao final os erros
compensounos cos dous goles conseguidos que lle dou feito o extremo Jóse, ante
a pasividade dos defensores malpicáns.
Xogadas perigosas da SCD
Malpica: Ademais dos goles, en xogadas a balón parado, os malpicáns só tiveron dúas
ocasións claras de gol, que era mais difícil fallar que marcalas, a primeira
foi no m. 48, nun cabezazo de Eloy a
pracer, pero foi tan frouxo, que lle deu tempo a Josema, salvar baixo paus. E,
a segunda aínda moito mais clara no m. 77: cando Mouri, recibe de Canario, encara
ao porteiro local Ángel e, en lugar de tirarlle fíxose un lio co “coiro” dando
tempo a un defensor que chegaba dende 30 metros atrás de sacarlle o esférico.
Comentario: Mala moi mala
imaxe dou na tarde de hoxe o
conxunto malpicán ante un “vulgar” Fisterra, que remontou un partido a base de
bregar e dalo todo ante unha SCD Malpica xuvenil, totalmente acomplexado a
pesar de que o partido se lle había posto de cara.
A verdade é que visto o de hoxe, e co equipo completo, na “Pedra Queimada”
pode dárselle a volta a eliminatoria, pero para elo hai que disputar con mais
intensidade o partido e que Almeida e Kevin se repoñan.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!