Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

viernes, 2 de mayo de 2014

Axenda de partidos da SCD Malpica para esta fin de semana:



                 
1ª Autonómica Grupo II –2ª volta - Xornada 33ª :
Campo             :           “Pedra Queimada, 100 x 60”      (Malpica)                     
Equipos           :           SCD MALPICA    BERTAMIRÁNS “B”  
Data e hora      :           Domingo: 04-05-14, 17:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Núñez Fiúza.-(1ª Aut.-A Coruña).
Asistentes        :           Sres. Pereiro Rodguez. e Carballal García.- ( ..-A Coruña).
Unha SCD Malpica, escasa de moral pola derrota ante o C.S.D Arzúa e con varias baixas por lesións e sancións (Ismael, Cheo, Manu Casal e Fernando Varela), (D. Baña, pensa recuperar algún) estase a preparar para recibir ao 5º clasificado o Bertamiráns “B”, conxunto que realizou unha gran tempada, pois de 32 partidos xogados, gañou 15,  empatou 6 e perdeu 11; marcou 51 goles e recibiu 46, polo que parece anda frouxo en defensa e portería polos tantos encaixados.
Pola súa banda, á SCD Malpica, cos deberes mais que cumpridos, pois o seu 4º posto acadado non periga e ademais, clasificado para os Oitavos de final da “Copa da Costa”, debe erguer a cabeza e dar o do de peito ante os dous rivais que lle quedan para o termino de liga, Bertamiráns “B” e Ponteceso, dando deste xeito unha demostración de que “auga pasada non move muíño”, satisfacendo ademais, aos seus socios e seguidores con dúas novas vitorias, para deste xeito bater un “record” difícil de superar, acabar a liga con tan só 5 derrotas, nin na época do ascenso a 3ª División se conseguiu, xa que foron 6 as derrotas sufridas.
!Polo tanto futbolistas da SCD Malpica, ánimo e a gañar!
Resultado da primeira volta:
22-12-13: BERTAMIRÁNS “B” 2–4 SCD MALPICA  ( Goles: 1-0: Manu. 1-1: David Castro (p). 1-2: Abel. 1-3: Óscar S. 1-4: Óscar S. 2-4: Cacho).
Os seareiros da SCD Malpica, terán moito que dicir neste partido para levantarlle a moral decaída dos futbolistas locais.


Formación do Bertamiráns "B", na última visita a "Pedra Queimada".-




XI edición da “Copa da Costa” de Fútbol Veterano –Eliminatoria previa- Ida):
Campo             :           “Pedra Queimada, 100x60”     (Malpica)
Equipos           :           MALPICA   -    XUV. DE BERGANTIÑOS  (1ª división)
Data e Hora      :           Domingo:  11:00 horas.
Árbitro             :           Sr. DUDA.-
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!