“LI” edición da “Copa da Costa” Oitavos de final - Ida:
Resultado: S D FISTERRA 0–2 SCD
MALPICA
SD FISTERRA: Joselu; Dani, Munitis, Julito, Breixo, Sergio Manín, Guardiola, © (Gabi,
84), Noé, (Adrián, 68), Huete, (Javi, 82), Mario, (Gabi Golpes, 74), Manuel
Cartamil.
SCD MALPICA: Abraham; Mario Casal, Adrián, Alemán, David Castro, Fernando Varela, Eloy
Cabeza, Juan Carlos, Abel, (David, 84, xuvenil), Eloy, xuvenil, (Cheo, 64), Óscar
Suárez.
Árbitro: Sr. Zas Vázquez.- (1ª Aut.- A Coruña). Actuación irregular. 1ª parte
perfecta. Na 2º, complicouse. No viu un clamoroso penalti do local Julito a
Cheo, m. 73.
Asistentes: Sres.-----
Goleadores: 0-1, m. 4: saque de curruncho de Eloy Cabeza, ao segundo pau, con remate impecable
coa testa de Óscar Suárez. 0-2, m. 86: saque de banda de Cheo, en
longo sobre a área local, o “coiro” cáelle aos pes de Eloy
Cabeza, que desvía oportunamente ao rede de Joselu.
Ambiente e incidencias: 65 seareiros nas bancadas de “Arasolis”, nunha tarde soleada con 28º de
temperatura, que invitaba mais a praia ca o fútbol. Non houbo mancados nin
expulsados.
Xogadas perigosas da SD Fisterra: Salvo en xogadas illadas a balón parado ou bombeados, a SD Fisterra, non
chegou nunca con perigo a portería de Abraham, en todo partido. O porteiro
malpicán, só se limitou a deter ou rexeitar as cesións dos seus defensas.
Xogadas perigosas SCD Malpica: Pola súa banda os
malpicáns, que xogaron bastante cómodos, puideron aumentar a vantaxe de goles
nas seguintes: M. 3: falta directa a
un metro da media lúa executada por Eloy Cabeza, que, tras pegar na barreira,
sae lambendo o poste esquerdo de Joselu. M.
38: tras un saque de curruncho local e rexeitado pola defensa malpicán, o “coiro”
chégalle a Juan Carlos que, en rápido contraataque, dóbralle Adrián pola banda
esquerda, que recibe, plántase ante Joselu, algo escorado e o porteiro local
rexeita con moitos apuros por dúas veces. M.
54: Juan Carlos mete un gran pase entre liñas sobre o desmarque do xuvenil
Eloy, pero este só ante Joselu, cruza en demasía saíndo fora. M. 55:
unha combinación pola banda esquerda entre Abel, Adrián, Abel, este entra na
área e, no man a man con Joselu, o porteiro rexeita cos pes o primeiro tiro, o “coiro”
chégalle de novo ao dianteiro que volve a tirar, salvando baixo paus Breixo,
rexeitando ao traveseiro. M. 59: formidable
volea dende campo propio de Eloy Cabeza,
vendo a Joselu adiantado, o “coiro” tras dar na escuadra da portería sae
rexeitado a fora de banda. M. 73: Juan
Carlos, mete en profundidade sobre o desmarque de Cheo, este marcha por
velocidade de dous contrarios e, cando se dispuña a bater a Joselu é derrubado
por detrás por Julito, chegando o “coiro” mansamente as mans do porteiro local,
o sr. Zas Vázquez, manda continuar o xogo.
Comentario: Partido cómodo para a unha mermada de efectivos SCD Malpica, ante unha SD
Fisterra igualmente con varias baixas, aínda que hoxe por hoxe aos malpicáns
nótaselle a diferenza de categoría. O partido disputouse cun ritmo medio -
baixo, quizais debido a alta temperatura (28º) , onde o conxunto visitante
foi sempre superior creando maior numero de ocasións. A eliminatoria queda encamiñada de cara á SCD Malpica.
Guardiola, Sr. Zas Vázquez e David Castro.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
O CF Dumbría Xuvenil, proclamouse brillante campión da "copa da costa" xuvenil, ao vencer esta tarde no campo "Municipal de Vimianzo" ao CF Corme, un rival moi digno que vendeu moi cara a súa derrota.
O partido foi moi igualado como demostra o mínimo tanteo acadado,os preto de 400 seareiros (a maior parte de Corme), disfrutaron co xogo desplegado por ambos equipos.
Formación do CF Corme na final.-
Formación do CF Dumbría na final.-
XI edición da
“Copa da Costa” de fútbol Veterano Oitavos de Final (Ida):
Resultado: DUMBRÍA 5 – 2 MALPICA
Árbitro: Sr. Casti.- Ben en liñas xerais.
Goleadores: 0-1, m. 22: Fran, en xogada persoal. 1-1,
m. 38: Javier Liñes, a saída dun saque de curruncho,
despois de varios rexeites. 2-1, m. 40:
Suárez Martínez. (descanso). 3-1, m. 47: Suárez
Martínez, logo dun erro defensivo visitante. 4-1, m. 60: M. Pardo,
déixase roubar a carteira por Lema Traba, vaise
só e bate a Nacho. 4-2, m. 75: penalti do porteiro a Carlos Pose, Manu Pardo, transfórmao. 5-2, m. 90: novo erro defensivo, que aproveita Suárez Martínez, para bater a Nacho dende cerca.
Comentario: Os veteranos
malpicáns chegaron a Dumbría algo mermados en defensa e con este hándicap,
pelexaron contra o acerto dos dianteiros dumbrieses, Suárez Martínez, con un hat-trick,
aproveitouse de tal circunstancia.
MARCADORES "COPA COSTA" AFECCIONADOS E FINAL COPA DA COSTA XUVENIL:
MARCADORES "COPA COSTA" AFECCIONADOS E FINAL COPA DA COSTA XUVENIL:
O CF Dumbría Xuvenil, proclamouse brillante campión da "copa da costa" xuvenil, ao vencer esta tarde no campo "Municipal de Vimianzo" ao CF Corme, un rival moi digno que vendeu moi cara a súa derrota.
O partido foi moi igualado como demostra o mínimo tanteo acadado,os preto de 400 seareiros (a maior parte de Corme), disfrutaron co xogo desplegado por ambos equipos.
Formación do CF Corme na final.-
Formación do CF Dumbría na final.-