IV edición
da 1ª Autonómica, Grupo II – (2ª volta) – 28ª Xornada:
Resultado: SCD MALPICA 2–3 CORDEIRO CF
SCD MALPICA: Ángel; Alejandro Marquez, Alberto Marquez, Casais, (Roi
Carril, 58), Lolo, Eme, Eloy Vilas,© Petís,
(Dímaga, 68), Jaco, Carlos Mallo, (Martín Mara, 52), Cololo.
Árbitro: Sr. Rubén Vázquez Penas.-(1ª Aut.-A Coruña). Non estivo á altura da calidade á que nos ten
acostumado. Abusou en demasía das tarxetas nun partido que foi bastante limpo.
Asistentes: Sres. González Liñares e Ríos Sánchez.-(2ª Aut.-A Coruña). Non estiveron
acertados
Ambiente e incidencias: Escasa concorrencia de seareiros, tan só se achegaron ao campo 40, nunha
tarde fría e nubrada con 10º de temperatura, a 2ª parte disputouse con luz artificial.
Expulsados, Cololo (m.49), Lolo (m.79), Alberto Marquez (m. 81) e Esmorís (m.
45). Non houbo mancados de consideración.
Xogadas de perigo da SCD
Malpica: M. 26: gran xogada de Jaco, cun gran pase
en profundidade sobre Petís, este algo escorado encara a Diego e, en vez de
centrar opta por tirar dando o “coiro” na lateral da rede. M. 35: Alejandro Marquez, empalma dende 30 metros un rexeite longo
da defensa visitante, gran parada de Diego enviando a saque de curruncho. M. 41: novo pase de Jaco sobre Petís, o
cal, logo de driblar ao porteiro acaba tropicado e váiselle o “coiro” pola liña
de fondo. M. 76: saque de banda
longo de Alejandro Marquez, rexeite en curto coa testa Chufe, recolle Eloi
Vilas, lanzando raso a ras do poste esquerdo.
Comentario: Nunha primeira
parte aceptable a pesar do marcador en contra, a SCD Malpica plantou cara a un “galliño”
do grupo, que neste parte só o puido vencer, un gol en claro foro de xogo e
outro en p. porta.
Logo na segunda, cun Cordeiro CF metido atrás intentando pasar os minutos e,
un Malpica mermado polas expulsións pero sacando forzas de fraqueza conseguiu
reducir a vantaxe deixando o tanteo na mínima. Unha mágoa que os malpicáns non saiban ter
boca pechada evitando as protestas individuais e colectivas pois se a plantilla
esta completa ten equipo para medirse a calquera do grupo.
XIII Edición
da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano–(2ª Volta)- 25ª Xornada:
Resultado: CLUB DO MAR 4 –
1 MALPICA
Aliñación do Malpica: Juan; Luazas, Alb. Carballo, Alfredo, Alb. Coruña; Chaves, Mútiu, Marco, Luís
Naya; Carlos Pose, Leo. Tamén xogaron: Abel, Wasi, Chucho.
Árbitro: Sr. Duda.- Salvo o penalti sinalado a
favor dos locais, estivo ben en liñas xerais.

Comentario: Primeira parte
nivelada, onde a formidable actuación do malpicán Marco servindo balóns aos
seus dianteiros, non foron aproveitados por estes ata en tres ocasións claras,
primeiro Luís Naya, logo Alb. Coruña de falta e por último Leo, en ambas
ocasións luciuse o porteiro local.
Na segunda, o cansazo e os
poucos trocos, acabaron mermando ao equipo dos veteranos malpicáns.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!