IV edición
da 1ª Autonómica, Grupo II – (2ª volta) – 26ª Xornada:
Resultado: SCD MALPICA 2 – 5 FLAVIA
SD
SCD MALPICA: Víctor; Álex Marquez, Casais, Moscoso, Roi Carril, Carlos
Mallo, Eme, Eloy Vilas,© Petís, Jaco, M. Mara .
FLAVIA SD: Chile; Tito, (Diego, 70), Roberto, Chechu, (David, 77), Triñanes, Salva, © (Po,
61), Lombri, Brais, (Damián, 57), Kevin, Rego, (Yordi, 66), Álex.
Árbitro: Sr. Sergio Bermùdez Seoane.-(1ª Aut.-A Coruña). Cumpriu
co seu cometido. Os locais protestáronlle insistentemente unha caída de Jaco
dentro da área, no min. 88.
Asistentes: Sres. Amado García e Regos Martínez.-(3ª e 2ª Aut.- A Coruña). Boa
actuación de ambos.
Ambiente e incidencias: Escaso ambiente nas bancadas con tan
só 45 seareiros. Tarde nubrada con
12º . Non houbo mancados nin expulsados.
Xogadas de perigo da SCD
Malpica: M. 20: preciosa xogada combinada por banda
esquerda, entre Casais, C. Mallo, M. Mara, este último erra na definición. M. 30: falta directa botada por Jaco,
acertada parada de Chile. M. 42: nova
falta directa dende a liña de medios, lanza Eme a escuadra, lucíndose Chile
desviando a saque de curruncho. M. 49: saque
de falta lateral executada por Álex Marquez, cun bonito testarazo de Roi
Carril, ao poste esquerdo de Chile. M.
58: xogada individual de Jaco, con tiro raso que sae a ras do poste. M. 88: a xogada polémica da tarde, nace
nos pes de Jaco, combina con Roi, M. Mara e este devolve a Jaco o cal penetra na área e cae derrubado cando encaraba
a Chile, o árbitro estima que se deixou caer e sinala falta en contra e móstralle
tarxeta amarela.
Xogadas de perigo do Flavia
SD: M. 26: saque de falta ensaiada intentando sorprender de Álex sobre
Brais, este encara a Víctor, salvando o porteiro malpicán cos pes. M. 69: Tiro raso de Damián con moito
perigo, que sae lixeiramente desviado.
Comentario: Nova e avultada
derrota na casa dunha SCD Malpica
mermada polas baixas, (os futbolistas nados en Malpica non responden
ao seu compromiso) ante un Flavia SD, que só fixo o xusto para golear e
alzarse cos tres puntos, coma todos os rivais que visitaron a “Pedra Queimada”
nesta segunda volta. Intentárono os 11 que saltaron ao campo (non había mais). A Directiva intentará tomar medidas esta
semana, sobre todo para que, os que se comprometeron ao comezo da tempada poidan
cumprir o seu compromiso e non luxar mais o bo nome da SCD Malpica.
XIII Edición
da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano–(2ª Volta)- 23ª Xornada:
Resultado: BUÑO 0 –
2 MALPICA
Aliñación do Malpica: Juan; Luazas, Chucho, Alfredo, Alb. Coruña; Chaves, Mútiu, Leo, Luís Naya;
Ban Ban, J.L. Arcay. Tamén xogaron: Abel, Wasi, Marco, Carlos Pose, Bugallo.
Árbitro: Sr. Iván.- Salvo a omisión dun claro
penalti favorable aos malpicáns, estivo ben en liñas xerais, axudado polo excelente
comportamento dos dous equipos.
Goleadores: 0-1, m. 8: gran pase en profundidade sobre Ban Ban
pegado a banda, chega a liña de fondo e salva a entrada dun rival, encara a
portería, e, sobre a saída do porteiro cruza moi ben ao fondo da rede. 0-2, m. 20: de novo noutra xogada
parecida a anterior, Ban Ban,
recibe en profundidade, esta vez polo centro, gáñalle a espalda por velocidade
aos defensores e de tiro raso é colocado bate ao porteiro local.
Comentario: Pronto resolveron a papeleta os veteranos do Malpica, ante un Buño peleón
pero romo en ataque, xa que aos 20 minutos xa capeaba no marcador o resultado
final froito de dúas xogadas parecidas que resolveu o goleador Ban Ban. Logo
este mesmo xogador, desperdicio algunha que outra oportunidade.
Na segunda parte os malpicáns, que nunca pasaron apuros, souberon nadar e
gardar a roupa.-
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!