IV edición
da 1ª Autonómica, Grupo II – (2ª volta) – 27ª Xornada:
Resultado: VAL DO ULLA UD 4 –1 SCD
MALPICA
VAL DO ULLA UD: Álvaro; Álex, Óscar
Pintor, Carlos, Martín, Neiriña, © Luís Atº.,(Gonzalo, 77), Alberto, (Miguel
Ángel, 59), Jordan, (Javi, 55), Martín Rei, (Óscar Parada, 72), Raúl.
SCD MALPICA: Ángel; Casais, Carlos Mallo, (Víctor, 72), Moscoso, Lolo,
Álex Marquez, Eme, Eloy Vilas,© Petís, (Dímaga, 46), Jaco, Alberto Marquez.
Árbitro: Sr. Daniel Val Castro.-(1ª Aut.-Santiago). Actuación bastante correcta, a pesar das continuas
protestas dos futbolistas malpicáns.
Asistentes: Sres. Miguelez Granja e Iglesias Penela.-(2ª e 3ª Aut.-Santiago). Regulares.
Goleadores: 1-0, m. 25: Alberto
de penalti, por
mans dentro da área dun defensor malpicán, esta xogada foi moi protestada ao
asistente, por estimar que a xogada fora precedida dun fora de xogo local. 2-0, m. 47: Martín Rei. 2-1, m. 60: Eloy Vilas, tras recoller un rexeite do
porteiro local Álvaro. 3-1, m. 88: Gonzalo,
ao aproveitar un barullo na área malpicán. 4-1,
m. 90+2: a única xogada desafortunada de Ángel, nun balón que se lle vai
das mans acosado por un dianteiro local, o que aproveita Neiriña, oportunamente para
introducir o “coiro” na rede.
Ambiente e incidencias: Escasa concorrencia de seareiros, só
uns 50. Tarde soleada con 14º de
temperatura. Non houbo mancados de consideración. Expulsado na xogada do
penalti (min. 25) Óscar Moscoso.
Comentario: Partido entretido
nunha tarde excelente para disfrutar de fútbol, nun campo en moi boas
condicións. Ningún dos dous equipos exerceu un dominio superior ao outro,
resultando moi nivelado e sen grandes ocasións de gol.
Os malpicáns, que xogaron 60 minutos con dez homes, aguantaron cun mínimo
marcador en contra, é, só se viron superados ao final cando buscaban o empate en
dúas xogadas puntuais froito do cansazo acumulado.
A nota negativa dos malpicáns foi a expulsión de Moscoso, ademais das continuas
e excesivas protestas aos colexiados de practicamente todo o equipo, protestas,
que só se traducen en prexuízo para os propios futbolistas e o club.