No se conseguiron os tres puntos contra o Volantes de Baño e, faise un pouco mais lenta do debido a permanencia para os seguidores da SCD Malpica, aínda que, tanto o adestrador coma os futbolistas locais, son optimistas para chegar pronto aos 35 puntos que se supoñen chegan para salvar a categoría esta tempada.
Así as cousas, o optimismo de adestrador e futbolistas da SCD Malpica, pode verse cumprido, e así o queren demostrar o vindeiro domingo coa visita ao campo de Xaviña para enfrontarse ao Buño SCD, e lograr arrevatarlle os tres puntos que os oleiros nos levaron de Malpica na primeira volta.
O conxunto do Buño SCD, foi fundado 0 10-10-64, é dicir, ao final da primeira "liga da costa", pero dentro da T. 63/64, permitíndolles a FGF e os demais equipos participar na "copa da costa" que se disputou ao acabar a "liga".
O Buño SCD, un dois oito equipos mais veteranos da competición (pola antiguedade da súa fundación), non polas tempadas disputadas, pois só participou en 47 (38 en 2ª e 9 en 3ª), xa que tivo ás altas e baixas ao longo da "liga da costa" que se indican:
Alta 10-10-64, baixa: 1970/71. Alta: 1975/76, baixa: 1987/88. Alta: 1992/93, continúa...
Conseguiu, tres ligas: T. 68/69 e 78/79, na 2ª categoría. T. 2009/2010, na 3ª Autonómica. Tamén logrou dous títulos da "copa da costa": T. 67/68 e T. 69/70.
Pola súa banda á A.V. da SCD Malpica, enfróntanse ao D. Carballo coa intención de continuar coa súa boa racha de vitorias, que o está aproximando a os tres primeiro postos, a verdade é que están facendo unha tempada para enmarcar.
Campos, horarios e árbitros para o domingo:
2ª Galicia Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 25ª:
Campo : “Xaviña” (Buño, 99
x 60, herba artificial)
Equipos : BUÑO SCD – SCD MALPICA
Data e
hora : Domingo: 24-03-19, 17:00 horas.-
Árbitro : Sr. Óscar Santos Rodríguez, (2ª Galicia, Colexio da Costa
da Morte)
1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 2ª volta – Xornada 24ª:
Campo : “O Carral” (Sofán,
94 x 48, herba artificial)
Equipos : DEPORTIVO
CARBALLO – A.V. SCD MALPICA
Datas e
hora : Domingo:
24-03-19, 12:00 horas.-
Árbitro : Sr. Rubén Reborido Rodríguez, (2ª Galicia, Colexio da Coruña)