Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

viernes, 8 de marzo de 2019

Partidos da SCD Malpica para fin de semana:


   Tras dous partidos consecutivos na "Pedra Queimada", nos que á SCD Malpica, só conseguiu un punto, o que o mantén nunha zona da táboa comprometida a falta de oito xornadas para o final da liga; tócalle visitar este vindeiro domingo o campo das "Pedreiras" de Berdillo, para enfrontarse á SD S. Lourenzo.
  Á SD S. Lourenzo, causou alta na "Liga da Costa" na tempada 1979/80, alternando, durante as corenta tempadas que leva competindo coa actual: seis na 1ª categoría,trinta e dúas na 2ª e unha na 3ª. Curiosamente só alzou o título de campión nesta última categoría, na T. 1993/94.
   Actualmente ocupa o posto 8º na táboa con 32 puntos resultado de: 9 partidos gañados, 5 empatados e 8 perdidos, marcou 39 goles e encaixou 36.

   Non se lle presenta moi boa oportunidade aos homes de Adrián Bardanca (Gurita) de puntuar nas "Pedreiras", pero os malpicáns son capaces de sacar puntos en campos difíciles e patinar en campos menos complicados, por elo hai confianza neste partido, pois unha vitoria, daría os puntos necesarios para evitar pasar apuros.
   Os veteranos da SCD Malpica, tamén viaxan esta fin de semana e cruzaránse en Paiosaco contra ACD San Ramón de Veteranos, equipo coruñés.
Campos, horarios e árbitros dos partidos:

2ª Galicia Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 23ª:

Campo            :           “As Pedreiras”    (Verdillo, 95 x 50, herba natural)                    
Equipos           :           SD S. LOURENZO     SCD MALPICA  
Data e hora     :           Domingo: 10-03-19, 16:30 horas.-  
Árbitro             :          Sr. David Castreje Ferrío, (1ª Galicia, Colexio da Coruña)

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 2ª volta – Xornada 22ª:

Campo            :           “A Porta Santa”            (Paiosaco, 105 x 65 herba artificial)
Equipos           :           ACD S. RAMÓN VETERANOS   A.V. SCD MALPICA    
Datas e hora    :           Domingo: 10-03-19, 10:00 horas.-
Árbitro            :           Sr. Marín Goyanes Naveiro, (Colexio da Coruña)

                                                      AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!