Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 31 de enero de 2016

Crónicas dos partidos da SCD Malpica desta semana:



IV edición da 1ª Autonómica, Grupo II – (2ª volta) – 21ª Xornada:
Resultado:                   SCD MALPICA   4 – 4   LESENDE CF    
SCD MALPICA: Víctor; Álex Marquez, Casais, Kike, Moscoso, Eme, (Dímaga, 65), Petís, (Sergio, 73), Roi Carril,  M. Mara, Jaco, Charro.                       
LESENDE CF:     Veni; Julio Sueiro, Toni, Carlos, Liñares, Adán, (Beto, 51), Fran ©, (César, 61), Berbe, Óliver, Cacho, Borja, (Adrián Sueiro, 69).  
Árbitro:            Sr. Daniel Fraga Viñuelas.-(1ª Aut.- A Coruña). Estivo ben nun partido de moito contacto. Dúas lagoas, (unha por bando). M. 24: o saque de curruncho que a posteriori causou o primeiro gol do Lesende, non chegou a producirse, pois foi un futbolista visitante o que rexeitou o “coiro” pola liña de fondo. M. 42: non concedeu a lei da vantaxe nun falta local, cando se ía só un futbolistas visitante.
Asistentes:       Sres. Juncal García e Ballester Matez.-(Axres. base- A Coruña).  Correctos.
Goleadores:     1-0, m. 6: sorpresivo trallazo de Jaco a escuadra dende 25 metros. M. 15: xogada por banda esquerda de Charro, cun centro moi pechado, o defensa Liñares, cabecea cara atrás desorientando ao seu porteiro, Eme, no 2º pau remacha a rede. 2-1, m. 24: o mencionado saque de curruncho executado por Borja, non acerta a rexeitar Víctor de puños e, o central Carlos, remata coa testa baixo paus. 3-1, m. 33: saque longo de banda de Petís, Roi Carril, peitea cara o pau contrario onde se atopa Veni. 3-2, m. 35: libre directo a escuadra executado por Cacho, salvando a barreira. 4-2, m. 45: Jaco, bota un saque de curruncho con impecable testarazo de Roi Carril. 4-3, m. 67: un balón rexeitado dende o círculo central sen aparente perigo, despista aos centrais locais, o dianteiro Cacho, aproveita o despiste e, ante a saída desesperada de Víctor, cólalle o “coiro” por debaixo das pernas cun tiro frouxo que entra mansamente na portería. 4-4, m. 68: Óliver, sorprende a Víctor cun tiro dende 25 metros            que se cola na portería coma un obús.
Ambiente e incidencias:  Escaso público só acudiron 65 seareiros. Tarde cuberta sen chuvia, 14º. Non houbo mancados de consideración. Expulsados por protestar dende o banco o futbolista, Pana (m. 43) e o adestrador Sil, m. 90.
Xogadas de perigo da SCD Malpica: Ademais dos goles, poucas ocasións de perigo crearon os malpicáns, anotamos só dúas: m. 90+1: na mellor xogada combinada da tarde entre, Charro, Jaco e Roi Carril, acaba cun tiro a media altura deste último, ao que Veni responde cunha gran parada. M. 90+2: saque de falta directa de Moscoso dende campo propio, o “coiro” bota diante do porteiro e este saca apuradamente coas lúas a saque de curruncho.
Xogadas de perigo da Lesende CF: M. 62: xogada por banda esquerda de Cacho, o seu centro raso atrás, empálmao cun gran tiro Óliver, realizando Víctor unha espléndida parada. M. 90: saque longo de porta de Veni, o “coiro” chega botando a dentro da área malpicán, prodúcese unha indecisión entre defensa e porteiro, que aproveita o visitante Adrián Sueiro, cabeceando fora por moi pouco.
Comentario:     A delicada situación da SCD Malpica na táboa xunto coa falta por indisposición do dianteiro Cololo, auguraba unha saída ao campo do equipo local en estado de moito nerviosismo, non obstante, o equipo, coas novas incorporacións (hoxe debutou Álex Marquez), demostrou que sabe responder as adversidades, e, nos primeiros 15 minutos lograba adiantarse no marcador con dous goles.          O Lesende CF, conxunto de pouco fútbol, pero moi práctico, nunca se deu por vencido, e, conseguiu remontar por dúas veces, ata igualar nun par de minutos na segunda parte, o marcador.
            Unha mágoa, por que, aínda na actual circunstancia na que esta o equipo, este demostrou que comeza a coller ritmo e sobre todo a abandonar a sequía goleadora que atravesaba.




















  


XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano–(2ª Volta)- 18ª Xornada:
Resultado:                     NANTÓN    2 – 1   MALPICA
Aliñación do Malpica:  Juan; Luazas, Alb. Carballo, Chucho, Alb. Coruña; Chaves, Alb. Barizo, Luís Naya, Leo; Ban Ban. J.L. Arcay, Tamén xogaron:, Wasi, Bugallo, Marco, Carlos Pose, Mútiu.
Árbitro:            Sr. Castro.- Bastante ben. Aínda que hai que destacar á anécdota do partido, cando sinalou un penalti favorable ao Nantón por suposta entrada dun malpicán a un contrario, o xogador do Nantón moi deportivamente, ergueuse da suposta caída e corrixiu ao árbitro dicíndolle  que se deixara caer, o sr. Castro, ante tal declaración, volveuse atrás da súa primeira decisión.
Goleadores:     1-0, m. 34: Paco, aproveita moi oportuno un rexeite do porteiro malpicán Juan. 2-0, m. 39: excelente xogada persoal do medio centro Miguel, que bate a Juan de forte tiro. 2-1, m. 79: o malpicán Carlos Pose, tras salvar a entrada de dous contrarios bate ao meta visitante.
Comentario: Primeira parte de superioridade do equipo de Nantón, que entraban como “periquiño pola súa casa” achegándose sempre con perigo a portería de Juan.
Cambiou a decoración na segunda parte, pero os veteranos do Malpica, a pesar de crear moitas ocasións de gol, con varios tiros aos postes e ao traveseiro, non conseguiron perforar a meta de Manolito Millet, que ademais tivo unha soberbia actuación.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!