A SCD MALPICA, PRESCINDE DOS SERVIZOS DE CHEMA RIVADULLA.
Na tarde
noite de hoxe, a directiva da SCD Malpica comunicoulle ao seu adestrador, D. José María Rivadulla
Romero, (Chema Rivadulla) que prescinde
dos seus servizos, pola mala situación que o equipo malpicán ocupa na táboa
clasificatoria, (penúltimo posto con 16 puntos).
Nese trámite esta a traballar a xestora
malpicán, o cal se todo sae segundo as xestións que se están a realizar, nun
prazo breve (máximo 24 horas),
poderá informar aos seus socios, seguidores e simpatizantes, o nome do novo adestrador
para o que resta de tempada e posiblemente a vindeira.
D. José María Rivadulla Romero,
entendeu deportivamente a decisión da directiva, chegándose a un acordo cordial
e formalizando o finiquito con liquidación incluída, na que ambas partes se
deron a grazas e se desexaron sorte de cara o futuro.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!