Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

jueves, 25 de febrero de 2016

Axenda de partidos para esta semana da SCD Malpica:



IV edición da 1ª Autonómica Grupo II –2ª volta - Xornada 25ª:

Campo             :           “Lino Balado”    (Sigüeiro)                    
Equipos           :           SIGÜEIRO CF     SCD MALPICA  
Data e hora      :           Domingo: 28--02-16, 16:15 horas.-  
Árbitro             :          Sta. Losas Otero.-(1ª Aut.- Santiago).
Asistentes        :           Sres. Maquieira Otero e Blanco Ameijeiras.- ( 2ª Aut..-Santiago).
            Trala desfeita ocasionada polo árbitro Zas Vázquez o domingo pasado en Malpica, o cal deixou mermado ao equipo polas sancións impostas a Eloy Vilas, Charro e Álex Marquez, coas súas “mentiras” escritas na acta do encontro, e, as cales o Comité de Competición da FGF, fíxolles o caso indebido, deixando aos directivos da SCD Malpica impotentes a esta decisión, a pesar de presentar o oportuno recurso; toca esta xornada render visita a feudo do Sigüeiro CF, equipo, onde aínda xoga o veteranísimo “Juanito”, aquel habilidoso extremo do Compostela e Deportivo.
         O Sigüeiro CF, con 32 puntos, figura no posto 12º da táboa despois de 24 xornadas disputadas, gañou 8 partidos, empatou 8 e perdeu 8, ten marcados 38 goles e encaixou 40. O seu máximo goleador é o dianteiro Diego Arnejo, con 12 goles, futbolista que xa non esta nas ringleiras dos sigüeirenses, ségueno Lucas con 5, Iván Forján e Soule, con 3. O Sigüeiro CF, cunha plantilla curta, abastecese do seu equipo “B” da 2ª Autonómica e do Xuvenil de Oroso, da Liga Galega.
         A SCD Malpica, tiña esperanzas de comezar a súa recuperación nesta xornada, na que “tamén” faltará  definitivamente, o adestrador fichado recentemente Ambrosio Oróns por motivos persoais, ao ser nomeado para o Parlamento de Galicia.
         O equipo malpicán pois, levará de adestrador, posiblemente para o resto do queda de tempada, a Esmorís, que ata de agora estaba facendo de 2º de Ambrosio e de Delegado do equipo. Esmorís, que coñece ben a idiosincrasia do conxunto malpicán, intentará inculcarlle aos que xoguen, as “vitaminas” suficiente para sacar un resultado positivo.                  
Resultado da Primeira Volta:
25-10-15:  SCD MALPICA  0–1  SIGÜEIRO CF      (Goles: 0-1, m. 75: Vasile).



XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – 2ª Volta – Xornada 22ª:
Campo             :           “Pedra Queimada”   (100 x 60, Malpica)
Equipos           :           MALPICA  -  VIMIANZO 
Datas e hora    :           Domingo: 28-02-16, 11:00 horas.-
Árbitro             :           Sr. Castro.-
Resultado da 1ª volta:
VIMIANZO     1 – 3  MALPICA
             AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!