IV edición
da 1ª Autonómica, Grupo II – (2ª volta) – 23ª Xornada:
Resultado: SCD
MALPICA 1 – 3 CD
UNIÓN
SCD MALPICA: Víctor; Casais, M. Uru, Roi Carril, Moscoso, Jaco, Álex
Marquez, Cololo, M. Mara, (Petís, 76), Charro, Carlos Mallo, (Sergio, 87).
CD UNIÓN: Eloy; Óscar, (Álex, 70),
Andrés, Pablo, Santi, Víctor, © Saviola, (Sergio, 77), Carlos Mos, Walter, (Alejandro,
89), Manoliño, (Peki, 85), Chicho, (Albino, 46).
Árbitro: Sta. Beatriz Cuesta Arribas.-(1ª Aut.- A Coruña). Non
o fixo mal en liñas xerais a colexiada burgalesa afincada na Coruña, nun partido
de moito choque entre os futbolistas, debido ao estado esbaradizo do campo a
causa da persistente chuvia. Os malpicáns, protestáronlle insistentemente os dous
últimos goles visitantes, ao estimar fora de xogo no 1º e mans do dianteiro no
2º. No seu descargo a falta de visión na dúas xogadas, moito mellor colocado o
asistente que non lle indicou nada.
Asistentes: Sres. Boedo Varela e Larrosa Pérez.-(3ª e 2ª Aut.- A Coruña). Desacertados.
Xogadas de perigo da SCD
Malpica: M. 15: xogada de M. Mara polo medio, cede a
dereita sobre Casais, cun centro moi pechado ao que Cololo, non chega por moi
pouco. M. 75: Jaco, executa unha
falta dende o circulo central, axudado polo vento o “coiro” vaise ao poste
esquerdo de Eloy, ao rexeite non
chega Cololo por centímetros.
Xogadas de perigo do CD Unión:
M. 11: Carlos Mos, envía en profundidade sobre Saviola, este
remata cruzado saíndo o “coiro” lambendo o poste dereito de Víctor. M. 74: xogada individual de Álex, cun
tiro dende fora da área que sae a esquerda de Víctor.

XIII Edición
da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano–(2ª Volta)- 20ª Xornada:
Resultado: UD S. ISIDRO DE
RAZO 4 – 0 MALPICA
Aliñación do Malpica: Juan; Chucho, Alb. Carballo, Marco, Alb. Coruña;
Wasi, Leo, Mútiu, Luís Naya, J.L. Arcay, Ban Ban.
Árbitro: Sr. Gerardo.- Estivo correcto.
Goleadores: 1-0, m. 20: Puskas. 2-0, m.27: Marco. 3-0, m. 58: Cambón, de falta directa. 4-0, m. 60: Suso do Campo.
Comentario: Os veteranos malpicáns presentáronse no Areal de Razo, con once
futbolistas xustos e sen recambio algún. Para colmo de males, dous acabaron
mancados na primeira parte, tendo que saír na segunda só con nove, a medida que
ía avanzando o partido, foron caendo mancados un tras outro, ata quedarse no campo con menos de sete futbolistas,
isto ocorría no min. 20 da segunda parte, o que obrigou ao árbitro Sr. Gerardo,
a dar por finalizado o partido co resultado que campaba nese intres no marcador
(4-0), tal como sinala o regulamento da competición.
Pola súa banda o equipo
local do S. Isidro de Razo, co equipo completo e con trocos suficientes, aproveitou
moi ben durante o tempo xogado, a falta de efectivos do equipo malpicán,
logrando un tanteo avultado.
AGORA E
SEMPRE COA SCD MALPICA!