Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 28 de febrero de 2016

Crónicas dos partidos desta semana da SCD Malpica:



IV edición da 1ª Autonómica, Grupo II – (2ª volta) – 25ª Xornada:
Resultado:                   SIGÜEIRO CF     4 – 1    SCD MALPICA  
SIGÚEIRO CF:    Diego; Juncal, (Chema, 73), Iván Forján, (Jorge Paz, 50), David, Fer, © Gago, Juanito, Jess, (Maroño, 81), Lucas, Sergio, Álvaro, (Jacobo, 55).
SCD MALPICA: Ángel; Dímaga, Carlos Mallo, Víctor, Moscoso, Eme, Petís, Jaco, M. Mara, Cololo, Sergio.  
Árbitro:            Sr. Jonatan Losas Otero.-(1ª Aut.- Santiago). Moi boa labor.
Asistentes:       Sres. Maquieira Otero e Blanco Ameijeiras.-(2ª Aut.- Santiago).  Ambos os dous ben.
Goleadores:     1-0, m. 35: xogada individual do local Sergio escorado na banda esquerda, dende o vértice da área, lanza un tiro cruzado que non pode deter Ángel. 2-0, m. 52: Jess, en posición de interior esquerdo envía un centro sobre o desmarque de Lucas na liña da área pequena, e bate a Ángel dende cerca. 2-1, m. 70: Jaco, recibe no círculo central, vaise de todos que lle saen ao paso, e, ante a saída de Diego, báteo de tiro raso. 3-1, m. 80: internada de Sergio, por banda dereita, centra ao segundo pau onde Chema só, bate a Ángel. 4-1, m. 85:  nova xogada por banda dereita, esta vez de Juanito, cun centro longo, que Chema de testarazo introduce na rede.
Ambiente e incidencias:  Uns 80 seareiros nas bancadas en tarde fría e nubrada. 10º de temperatura. Non houbo expulsados. O malpicán Dímaga, tivo que retirarse mancado non m. 82.          
Xogadas de perigo do Sigüeiro CF: M. 9: dobre intervención de Ángel, a tiros de Juanito e Jess. M. 19: Ángel evita un gol seguro, tras unha felina saída aos pes de Jess. M. 28: xogada de Juanito por banda dereita, centro sobre Lucas o cal de cabezazo, envía ao poste esquerdo. M. 37: centro pasado dende a banda esquerda de Lucas, Juanito logra un gran empalme de chilena, que atalla Ángel, o rexeite cáelle a Lucas, que remata ao poste. M. 76: nova xogada de Juanito por banda, centro atrás, remate de Lucas, gran parada de Ángel, recolle o rexeite Jess, e volve a salvar Ángel.  
Xogadas de perigo da SCD Malpica: M. 1: Jaco intercepta un pase local, envía entre liñas sobre Cololo, que encara ao porteiro Diego, pero o seu tiro vaise por enriba do traveseiro. M. 51: falta directa dende a frontal da área que Cololo, lanza alto. M. 54: Forte disparo raso, coa súa perna boa, (esquerda) de Eme, parada de Diego.
Comentario:     Demasiada renda de goles para o Sigüeiro CF, esta tarde no “Lino Balado”, ante unha mermada de efectivos da SCD Malpica que só puido presentar once futbolistas, debido as sancións, lesións e a falta de compromiso de algúns dos rapaces malpicáns con ficha.
Hoxe hai que aplaudirlles, pois deixaron a pel sobre o campo, e, un descubrimento, o do porteiro ÁNGEL, que tivo unha destacadísima actuación.





















XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano–(2ª Volta)- 22ª Xornada:
Resultado:                     MALPICA    6 – 1   VIMIANZO    
Aliñación do Malpica:  Juan; Chaves, Alb. Carballo, Chucho, Alb. Coruña, Alfredo,; Wasi, Mútiu, Leo, J.L. Arcay; Carlos Pose. Tamén xogaron: Bugallo, Luazas.
Árbitro:            Sr. Castro.-  Estivo francamente ben, nun partido sen complicacións e deportivo.
Goleadores:     1-0, m. 21: Carlos Pose, nun man a man co porteiro rival de tiro esquinado. 2-0, m. 31: Alfredo, de falta directa, salvando a barreira a escuadra. 3-0, m. 47: J.L. Arcay, recibe un pase entre liñas e bate ao porteiro na súa saída. 4-0, m. 57: J.L. Arcay, en xogada calcada a anterior. 4-1, m. 60: o veterano visitante Ramiro, resolve unha liorta na área local, tras un saque de curruncho. 5-1, m. 78: J.L.Arcay, de preciosa vaselina por enriba do porteiro. 6-1, m. 90: Mútiu, de potente tiro, tras un rexeite en curto da defensa visitante.    
Comentario: Ambos equipos presentáronse na Pedra Queimada”, escasos de efectivos, pero peor sorte tivo o Vimianzo, que, se lle mancou un futbolista e tivo que xogar con des toda segunda parte.
            Os veteranos malpicáns dominaron insistentemente na primeira parte, sendo mais nivelada a segunda, debido ao cansazo, aínda aí,         o Malpica, acabou goleando ao conxunto rival.
            Cabe destacar o “Hat-Trick” de J.L. Arcay.
           
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!