Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 7 de febrero de 2016

Crónicas dos partidos desta semana da SCD Malpica:



IV edición da 1ª Autonómica, Grupo II – (2ª volta) – 22ª Xornada:
Resultado:                   CD BAIO     4 – 1    SCD MALPICA   
CD BAIO:             Pollo; Yago, Luís, Portomelle, Norberto, (Saleta, 81), Luisito, MC, (Moreno, 86), Martín, © (Fachal, 80), Peque, Brais, Mario, (Christian, 80).
SCD MALPICA: Víctor; Dímaga, M. Uru, Roi Carril, Moscoso, (Petís,75), Jaco, Álex Marquez, Cololo, M. Mara, Charro, Carlos Mallo.                           
Árbitro:            Sr. Antonio Fuentes Seoane.-(1ª Aut.- A Coruña). Actuación regular, nun partido de moito contacto. Sinalou penalti favorable a CD Baio a estancia do seu asistente, estando el moi cerca da xogada, quizais por falta de seguridade.
Asistentes:       Sres.López Mantiñan e Regos Martínez.-(2ª Aut.- A Coruña). Aceptables.  
Goleadores:     1-0, m.28: Yago, nunha subida por banda recibe un pase entre profundidade, sáelle ao paso Roi Carril, pugnando ambos os dous o futbolista local tropicase co “coiro” e cae, o colexiado que seguía a xogada de cerca de primeiro non sinala nada, logo o seu asistente levanta a banderola e sinala o punto de penalti, lánzao MC, e bate a Víctor. 1-1, m. 34: o central local Norberto, intenta saír dende atrás co “coiro” controlado, Cololo presionalle a saída e o rexeite chégalle a Charro, o cal ante a saída de Pollo, báteo de tiro raso. 2-1, m. 41: nunha xogada na liña de medios sen aparente perigo, Luisito, agarra un formidable tiro que sorprende a Víctor algo adiantado           . 3-1, m. 59: saque de curruncho que executa Luís ao 2º pau, onde aparece Portomelle rematando coa testa ao fondo da rede. 4-1, m. 78: cos malpicáns volcados sobre a portería de Pollo, hai un pase longo de Martín, sobre MC, só en punta, este salva a entrada de Roi Carril, é ante a saída de Víctor, cruza ao fondo da rede.
Ambiente e incidencias:  Nunha tarde de cans e con chuvia, asistiron ao partido uns 75 seareiros. 8º de temperatura. Non houbo mancados. Expulsado o local Brais no m.56, por dobre amarela.
Xogadas de perigo do CD Baio:  M. 24: mentres os malpicáns discutían co colexiado, Martín saca rápido e con picardía unha falta no vértice da área sobre MC, o centro deste remátao alto Brais, en boa posición. M. 58: xogada individual de MC, en contraataque, con tiro perigoso final que desbarata a defensa malpicán, enviando a saque de curruncho, sacado este ocasiona o segundo gol.
Xogadas de perigo da SCD Malpica: M. 20: saque de falta de Jaco, sobre Charro, este salva ao seu par, centra sobre á área rexeitando a defensa, Carlos Mallo, empalma alto. M. 32: a xogada da tarde protagonizada por Jaco que envía entre liñas sobre Charro, salva a dous contrarios encarando ao porteiro Pollo, que sae a desesperada, o dianteiro local tira cruzado e, ante o asombro “tirios e troianos” o “coiro” vaise a cepa de poste saíndo rexeitado ao punto de penalti, alí recolle M. Mara, e lanza a porta baleira, salvando milagrosamente baixo paus un defensor. M. 87:  tras un saque de falta de Cololo, o “coiro” sae rexeitado pola barreira, Roi Carril, na área pequena, anticípase ao porteiro marca gol de testarazo cara atrás, o árbitro anula o tanto por suposta falta ao porteiro. M. 90: xogada de Charro por banda cun medido centro sobre a cabeza de M. Mara, o cal só e libre de marca, envía por enriba do traveseiro.
Comentario:     Tralo visto esta tarde no “Platas Reinoso”, entre dous equipos que se entregaron ao máximo, debido a situación de ambos na táboa    , o resultado é enganoso, pois a SCD Malpica, non mereceu saír con semellante e avultada derrota. Tras unha primeira parte moi nivelada, con dúas xogadas clave, o penalti por parte local e o tiro ao poste de Charro, desnivelaron a balanza.
Na segunda parte, os malpicáns, que levaron totalmente a iniciativa, acusaron mais o desgaste físico, xa de por si moi débil, ata renderse ante un CD Baio xogando a contra cun MC, portentoso nos contraataques.         
Ao final non puido cumprirse o dito: “a adestrador novo vitoria segura”, pero os malpicáns non se renden e continuarán loitando mentres matematicamente queden posibilidades.



















XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano–(2ª Volta)- 19ª Xornada:
Resultado:                     MALPICA    0 – 2   SP. SEAIA
Aliñación do Malpica:  Juan; Luís Naya, Chucho,Alfredo, Alb. Coruña; J.L. Arcay, Alb. Barizo, Leo, Abel; Ban Ban, Mútiu. Tamén xogaron:, Wasi, Luazas.
Árbitro: Sr. Juan.-  Os visitantes reclamáronlle unha pena máxima, pero estivo ben en liñas xerais.
Goleadores:     0-1, m. 84: rexeite en longo da defensa visitante, ante o acoso insistente que estaban a sufrir por parte local, o “coiro” cae a espaldas da defensa malpicán, o dianteiro Pablo, con velocidade plántase ante o porteiro Juan, e báteo sen remisión. 0-2, m. 86: xogada calcada á anterior, e de novo Pablo, gañándolle a espalda a defensa por velocidade, bate a Juan na súa saída.       
Comentario: Os veteranos do Malpica mermados de efectivos, sufriron unha dolorosa derrota ante o Sp. Seaia, “colista” da competición.
Os malpicáns, que levaron a iniciativa durante todo o partido, especialmente na primeira parte, cando as forzas aínda lles respondían, logo de enviar dous tiros ao poste e traveseiro, viron, como en dous minutos fatídicos: (84 e 86), e cando o acoso sobre a portería do Sp. Seaia era maior, o goleador visitante Pablo, lles “virlaba” a vitoria.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!