IV edición
da 1ª Autonómica, Grupo II – (2ª volta) – 24ª Xornada:
Resultado: SCD MALPICA 0 – 3 SD AGOLADA
SCD MALPICA: Víctor; Dímaga, (Sergio, 52), Carlos Mallo, Roi Carril, Álex
Marquez, Eme, Eloy, Jaco, Petís, M. Mara, Charro.
SD AGOLADA: Rafa; Charly, Gabucho, Canutas, Álex, Marcos, Joselu, (Rubén, 62), David, (Juanjo,
83), Pablo, (Boyan, 67), Diego, (Jorge, 83), Aitor.
Asistentes: Sres. Fernández Durán e Montes Montes.-( e 2ª Aut.- A Coruña). Na liña do
colexiado.
Ambiente e incidencias: Tarde con nubes e claros 14º temperatura. Acudiron 50 sufridores. Retirouse
mancado o local Dímaga (m. 52).
Xogadas de perigo da SCD
Malpica: M. 5: falta dende a liña de tres cuartos,
pegada a banda esquerda executada por Jaco, o “coiro” vai ao poste da meta de
Rafa, con este batido e sae rexeitado. M.
12: medido pase de Jaco entre a defensa sobre Charro, este por velocidade
encara a Rafa, rexeitando este milagrosamente cos pes. M. 34: falta que bota Eme, despois de amagar Jaco, gran parada do
porteiro visitante. M. 46: gran
xogada individual de Charro, salvando contrarios, plántase ante o porteiro e
este salva cos pes un gol seguro. M. 73:
nova xogada de Charro por banda esquerda, chega a liña de fondo centra raso, o
xuvenil Sergio, logra un gran remate dende cerca, o “coiro” desvíao en ixtremis
o porteiro Rafa.
Xogadas de perigo do SD Agolada:
Salvo a tres xogadas de gol, o equipo visitante non
realizou ningunha xogada perigosa digna de destacar, si, tivo aproximacións con
tiros bombeados de saques de falta o saques de curruncho, ben resoltos de puños
polo porteiro local Víctor.
XIII Edición
da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano–(2ª Volta)- 21ª Xornada:
Resultado: MALPICA 0 –
5 PORTEÑO
Aliñación do Malpica: Juan; Chucho, Alb. Carballo, Alfredo, Alb.
Coruña; Leo, Marco, Mútiu, Luís Naya; J.L. Arcay, Carlos Pose. Tamén xogaron:
Abel, Bugallo, Luazas, Wasi, Chaves.
Árbitro: Sr. España Andrade.- Moi ben.
Goleadores: 0-1, m. 21:
Jorge. 0-2, m. 39: Alán. 0-3, m. 50: Jorge. 0-4, m. 53: Martín. 0-5, m. 73:
Alán.
Comentario: A pesar de contar con a maioría
de efectivos para a xornada, os veteranos do Malpica, acabaron sucumbindo ante
un “líder” Porteño, con varios futbolistas de menor idade.
Aguantou ben a primeira parte o Malpica, incluso perdendo algunha que outra
ocasión clara de gol, pero na segunda parte, a xuventude do Porteño impúxose
sen paliativos.-
AGORA E
SEMPRE COA SCD MALPICA!