IV edición da 1ª Autonómica Grupo II –2ª volta - Xornada 24ª:
Campo : “Pedra Queimada” (100
x 60, herba artificial, Malpica)
Equipos : SCD MALPICA – SD AGOLADA
Data e
hora : Domingo: 21--02-16, 16:15 horas.-
Árbitro : Sta. Zas Vázquez.-(1ª Aut.- A Coruña).
Asistentes : Sres. Fernández Durán e Montes Montes.- ( 2ª Aut..-A
Coruña).
Disponse a SCD Malpica a recibir a terceira visita na “Pedra
Queimada” á SD Agolada, equipo compacto que marcha undécimo na clasificación, zona
templada, aínda que non libre de perigo, con 32 puntos, que virá a Malpica a
intentar sacar algo positivo para non verse involucrado en apuros ao remate da
liga.
A SD
Agolada, acredita 8 partidos gañados, 8 empatados e 7 perdidos, ten conseguidos
29 goles e recibiu 23, é dicir, non materializa moitos goles pero tampouco
encaixa. O máximo goleador do equipo é Aitor Hurtado, con 15 goles, seguido de
Pablo con 4 e Santi con 3.
A SCD
Malpica, que conta coa baixa forzosa por sanción de Óscar Moscoso ten tamén a de
Casais por viaxe particular e son dúbidas por lesión, Eloy, Rubén e Martín Uru.
Así as
cousas, as perspectivas non son nada favorables para o conxunto malpicán, pero,
os que salten ao terreo de xogo, sairán coa firme promesa de plantarlle cara ao
conxunto do Agolada, ou iso foi o que prometeron nos adestramentos desta semana.
Resultado
da Primeira Volta:
18-10-15: SD AGOLADA 5–1
SCD MALPICA (Goles: 1-0, m. 6: Aitor. 2-0, m. 24:
Pablo. 3-0, m. 35: Santi. 4-0, m. 40: Aitor. M. 51: Pablo. 5-1, m. 76: Petís).
XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – 2ª Volta – Xornada 21ª:
Campo : “Pedra Queimada” (100
x 60, Malpica)
Equipos : MALPICA - PORTEÑO
Datas e
hora : Domingo: 21-02-16,
11:00 horas.-
Árbitro : Sr. España Andrade.-
Resultado da 1ª volta:
PORTEÑO 1 – 1 MALPICA
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!