GOLEADORES:
Volven a
destacarse na cabeza das táboas de goleadores, Basti, (SD Soneira) na 1ª
Autonómica G. 2º con 16 goles e David Blanco, (SP. Zas) na 2ª Autonómica G. 3º
(liga da costa), con 25, ambos os dous conseguiron goles na pasada xornada,
mentres que os seus inmediatos competidores, (Lucas (Corme CF) e Álex Flores (SD
Castriz), non acadaron ningún. Pouco a pouco vaise achegando a cabeza o
fisterrán Adrián Makaay, que sa suma 18 tantos cos dous que marcou na última
xornada, 21ª da competición.
Así as cousas, véxanse as táboas da clasificación que se reflexan:
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
AMBROSIO ORÓNS, NOVO ADESTRADOR DA SCD MALPICA
Tralo
cese de CHEMA RIVADULLA, polos malos resultados acadados nas 21 xornadas que
van disputadas da presente tempada, a SCD Malpica, xa ten novo adestrador,
trátase de D. Ambrosio Oróns Baña, (AMBROSIO ORÓNS, 41 anos, Laxe, 31-03-74).

Se o seu historial como futbolista é
espectacular, pois tras comezar no equipo da súa terra, a SD Laxe, pasou á SCD
Malpica, logo Bergantiños, Cerceda, Ordes etc. Como adestrador, ten un “curriculum” fenomenal, licenciado en
educación física, comezou como preparador físico, nas categorías base de Luís
Calvo, pasando polo Laracha CF, nas tempadas 2004/05,05/06 e 06/07 e con igual
profesión polo CCD Cerceda; na 07/08 e neste mesmo equipo, pasou a 2º
adestrador, logo ao Ordes e finalmente ao Laracha CF, como 1º adestrador, todos
eles en 3ª división.
A ilusión da directiva para salvar ao
equipo é espectacular, pois ademais da inversión económica pon toda a carne no
asador, co fin de que a plantilla responda honestamente e non escatime esforzos
para que contaxie aos socios e afeccionados, e que entre todos sexamos unha
piña, como mínimo, ata o fin da tempada.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!