Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 3 de enero de 2016

Crónica do partido da SCD Malpica:



IV edición da 1ª Autonómica, Grupo II – (1ª volta) – 17ª Xornada:
Resultado:                   CORME CF    4 – 1   SCD MALPICA   
CORME CF:         Suso; Brais Torrado, Dani, Miguel Torrado, Adolfo, (Joshua, 77), Eloy, Diego, (Sergio, 80), Adrián Doldán, (Alejandro, 83), Toniño, (Josiño, 79), Lucas, ©, Brais.
SCD MALPICA:  ; Víctor; Dímaga, (Adrián Rei,79), Carlos Mallo, Kike, Moscoso, Eme, (Vitalie, 78), Roi Carril, Rubén, (Sergio, 39), M. Mara, Charro, Petís,                        
Árbitro:            Sr. Pérez Rellán, Adrián.-(1ª Aut.- A Coruña).  Estivo acertado.
Asistentes:       Sres. Angueira García e Amado García.-(3ª Aut.- A Coruña). Descoordinados co árbitro.
Goleadores:     0-1, m. 28: Falta lateral dende o vértice da área que lanza Charro cun tiro raso que entra polo pau curto na portería de Suso. 1-1, m. 31: “coiro” bombeado sen perigo, lanzado por Diego dende a divisoria dos dous campos pegado a banda esquerda, o porteiro malpicán Víctor, sen ninguén que o acose, intenta agarralo, pero cólaselle entre as mans, Adrián Doldán, que pasaba por alí, non ten mais ca empurrar a porta baleira. 2-1, m. 55: pase raso en profundidade de Miguel Torrado sobre o desmarque do lateral Dani, o cal dende a liña de fondo, centra atrás, Diego que chegaba envarado remata            só ante Víctor. 3-1, m. 71: combinación entre Lucas e Toniño fora do vértice da área grande, este devólvelle o “coiro” a Lucas, que entra na área aínda sen chegar ao balón, sendo zancadilleado, o claro penalti transfórmao o propio Lucas, a dereita de Víctor. 4-1, m. 82: o cadete Eloy, corta unha saída da defensa malpicán, intérnase pola dereita  e centra sobre o punto de penalti, Josiño, libre de marca empalma a rede.
Ambiente e incidencias:          150 seareiros nas bancadas, nunha tarde nubrada con chuvia e vento do S.O., con 15º de temperatura. O malpicán Ruben, tivo que retirarse mancado no m. 39, cun forte golpe no nocello dereito. Non houbo expulsados.                
Xogadas de perigo do Corme CF:  M. 5: taconazo de Toniño sobre Lucas, que tira cruzado parando Víctor. M. 45: combinación entre Toniño, Lucas e Diego, con tiro final deste algo escorado fora. M. 58: xogada de Lucas por banda esquerda, o seu tiro cruzado, atrápao Víctor. M. 76: Adrián Doldán sorprende por velocidade a defensa malpicán, cede atrás sobre Toniño, salvando moi oportuno Víctor, lanzándoselle aos pes.   
Xogadas de perigo da SCD Malpica:   M. 3: bonita xogada entre M. Mara e Charro, con centro chut deste último, que atalla Suso con dificultades. M. 53: saque de banda de Eme sobre M. Mara, o centro deste, érrao Sergio, entregando o “coiro” a Suso nun remate frouxo. M. 68: nova combinación por banda esquerda, entre M. Mara e Charro, centro pechado ao primeiro pau, Petís remata fora. M. 73: pase entre liñas de Moscoso sobre Charro, este encara a Suso, pero o seu remate ao moneco, rexéitao o porteiro local.
Comentario:     Continúa a mala racha da SCD Malpica no que a resultados se refire, esta tarde no “Cairo”, os malpicáns coa recuperación  dalgúns mancados e a incorporación de Roi Carril, libraron unha aceptable 1ª parte, pero!!! o dito a “can fraco todas son pulgas”… apareceu de novo, primeiro coa lesión de Rubén e logo co despiste de Víctor no gol do empate.
O Corme CF, na súa liña habitual, abandeirados por un Lucas sensacional cun veterano M. Torrado atrás, que canalizan todo o fútbol cormelán, ademais teñen gol   e resolven. 


  
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!