IV edición
da 1ª Autonómica, Grupo II – (2ª volta) – 18ª Xornada:
Resultado: SD CARCACÍA 4 – 0 SCD MALPICA
SD CARCACÍA: Poli; Grela, Marcos, Kiko, Pablo Tourís, Barreiro, (Pablo Lorenzo, 49), Isma,
(Alberto, 78), Toño, (Rafa, 70), Teiga, Juan ©, Carlos, (Chino, 56).
SCD MALPICA: ; Víctor; Kike, Roi
Carril, Moscoso, Casais, Eme, Vitalie, (Carlos Mallo,46), Sergio, M. Mara, Jaco,
Petís,
Árbitro: Sr. Castro Liñares.-(1ª Aut.- Santiago). Moi ben.
Asistentes: Sres. Queija Pérez e Martínez Sequedo.-(2ª Aut.- Santiago). Abusaron de
erguer a bandeirola con algún erro nos foras de xogo.
Ambiente e incidencias: 70 valentes seareiros nas bancadas, que desafiaron unha tarde de intensa
chuvia e 9º de temperatura. Campo de terra totalmente encharcado. Expulsado por
dobre amarela o local Teiga, (m. 68). Non houbo mancados. Debutou na SCD
Malpica, Jaco, causando moi boa impresión.
Xogadas de perigo da SD
Carcacía: Os futbolistas locais a parte dos goles, curiosamente con
dez homes, só acosaron con perigo a portería de Víctor nos últimos (do 81 ao
93) e no que ademais conseguiron dous goles. M. 81: logo dun saque de curruncho, Rafa e Chino, estórbanse
mutuamente e non acertan a introducir o “coiro” na portería, cando a tiñan toda
libre para eles. M. 83: en pleno
desconcerto visitante, Alberto, agarra un empalme a escuadra que detén moi ben
Víctor. M. 86: un pase en
profundidade sobre Alberto, non acerta no rexeite o defensa esquerdo malpicán,
o dianteiro só ante Víctor, tira desviado.
Comentario: Xornada negativa da
SCD Malpica, naufragando no río “Mirarríos”
que esta tarde levaba auga en abundancia, nin o debut dun excelente Jaco, permitiu que os dianteiros
malpicáns acertasen ante a portería, urxe
unha rápida reacción dos dirixentes. O Carcacía, colista da categoría, conseguiu
golear, debido a que os seus futbolistas tiveron mais fe e acerto, e, sobre
todo mellor planteamento no terreo de xogo.
XIII Edición
da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano–(1ª Volta)- 15ª Xornada:
Resultado: UD
CERQUEDA 0 – 4 MALPICA
Aliñación do Malpica: Juan; Chucho, Alfredo, Alb. Carballo, Alb.
Coruña; J.L. Arcay,Alb. Barizo, Marco, Luís Naya; Marcelino, Ban Ban. Tamén
xogaron: Leo, Bugallo.
Árbitro: Sr. Casti.- Estivo aceptable. Expulsou
a Mútiu, de paisano no banquiño por protestar.
Goleadores: 0-1, m. 18: Ban Ban, tras recibir un pase en profundidade salvando a saída do
porteiro local. 0-2, m. 34: Marcelino, de testarazo impecable a saída dun saque de
curruncho. 0-3, m. 65: Ban Ban, internada por
velocidade deixando atrás aos defensas plántase ante o porteiro e báteo de tiro
raso. 0-4, m. 84: Alb. Coruña, dun lanzamento de falta directa.
Incidencias: Maña nubrada en sen chuvia en “Xaviña”
Comentario: A pesares de contar só con 13 efectivos, os “rapaces” de Dourado,
conseguiron unha ampla e merecida vitoria ante unha voluntariosa UD Cerqueda,
aproveitando moi ben a velocidade de Ban Ban e o pundonor de todos os efectivos.
AGORA E
SEMPRE COA SCD MALPICA!