IV edición da 1ª Autonómica Grupo II –2ª volta - Xornada 21ª:
Campo : “Pedra Queimada” (100
x 60, herba artificial, Malpica)
Equipos : SCD MALPICA – LESENDE CF C.
LOUSAME
Data e
hora : Domingo: 31-01-16, 16:00 horas.-
Árbitro : Sr. Daniel Fraga Viñuelas.-(1ª Aut.- A Coruña).
Asistentes : Sres. Galvao Pimentel e Juncal García.- (2ª Aut. e Aux.
base.-A Coruña).
A SCD
Malpica, segundo información recibida e salvo imprevistos de última hora, vai a
contar para este importantísimo partido,
con todos efectivos dos que dispón (dezaseis
en total), reincorporándose os mancados, Charro, Rubén e Jaco, ademais do
sancionado a xornada pasada, Casais; tamén se incorpora a nova fichaxe, trátase
de Alejandro Marquez, futbolista de corte defensivo de 22 anos cun dilatado
historial deportivo, procedente do Tambre CF e anteriormente do Sobrado dos
Monxes e Melide.

Así as cousas, e vital gañar o vindeiro
domingo para iniciar a escalada , a empresa non será nada doada, por que
enfronte estará un equipo. O Lesende CF de Lousame co adestrador SIL,que coñece
moi ben a categoría.
O
Lesende CF, ocupa na táboa o posto 11º con 26 puntos, froito de 7 partidos
gañados, 5 empatados e 8 perdidos, marcou 23 goles e encaixou 26. É un equipo
clásico de contraataque, acumula moita xente atrás e sae disparado a meta
rival. O seus máximos anotadores son, Fernando Figueiras, 6 goles, Óliver, 5 e
Adrián, 3.
A
directiva da SCD Malpica, fai un chamamento a toda familia deportiva do clube,
socios, simpatizantes e seareiros en xeral, para que acudan a “Pedra Queimada”
a animar ao equipo, deixando os malos comentarios contra os futbolistas para
outra ocasión. ¡SI
SE PODE! ¡ANIMO SCD MALPICA!
Resultado da Primeira volta:
27-09-15: LESENDE
CF
1 – 2 SCD MALPICA (Goles: 1-0, m. 3: Adrián, 1-1, m.
62: Charro. 1-2, m. 90+1: Eme).
XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – 2ª Volta – Xornada 18ª:
Campo : “Pedra Queimada” (100
x 60, herba natural, Malpica)
Equipos : NANTÓN - MALPICA
Datas e
hora : Domingo: 31-01-16,
11:00 horas.-
Árbitro : Sr. Castro.-
Nota: Este partido, segundo o calendario da competición, correspondía
celebrarse no campo de “As Fontiñas” de Nantón, pero ambos equipos acordaron na
primeira volta alterar a orde dos encontros, polo que, vaise disputar en campo
malpicán.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!