IV edición da 1ª Autonómica Grupo II –2ª volta - Xornada 18ª:
Campo : “Mirarríos” (102
x 65, (Terra). Pousada - Carcacía - Padrón)
Equipos : SD CARCACÍA – SCD MALPICA
Data e
hora : Domingo: 10-01-16, 16:00 horas.-
Árbitro : Sr. Marco A. Castro Liñares.-(1ª Aut.- Santiago).
Asistentes : Sres. Queija Pérez e Martínez Sequedo.- (2ª Aut.-Santiago).
Coa
baixa por lesión de Rubén e as altas de Casais, (cumprimento da sanción) Roi
Carril, (procedente do CF Porteño) e Jacobo Castelo, este último procedente do
Clube Cidade de Narón, da 2ª División de Fútbol Sala, pretende puntuar a SCD
Malpica, en Carcacía, localidade do concello de Padrón a onde se vai desprazar
o conxunto malpicán o vindeiro domingo.
A SD
Carcacía, ascendido á categoría este tempada, ocupa o faroliño vermello con 9
puntos. Gañou, 2 partidos, empatou 3 e perdeu 12; acredita 12 goles a favor e
encaixou 36. O seus goleadores principais son: Pablo Lorenzo, con 3 goles e
Rodrigo, con 2.
Resultado da Primeira volta:
06-09-15: SCD MALPICA 1 – 0 SD CARCACÍA (Goles: 1-0, 15”: Charro).
XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – 1ª Volta – Xornada 15ª:
Campo : “Xaviña” (99 x
60, herba artificial – Buño)
Equipos : U D CERQUEDA - MALPICA
Datas e
hora : Domingo: 10-01-16,
11:00 horas.-
Árbitro : Sr. Casti.
Retoman
a competición os veteranos do Malpica, enfrontándose ao Cerqueda en Xaviña
(Buño), tras o parénteses das festas do Nadal.