IV edición
da 1ª Autonómica, Grupo II – (2ª volta) – 19ª Xornada:
Resultado: SCD
MALPICA 2 – 3 OUTES CF
SCD MALPICA: ; Víctor; Juny, (Dímaga,
46), Casais, Kike, Moscoso, Eme, (Sergio,69), Jaco, Roi Carril, M. Mara, Jaco, Petís.
OUTES CF: Rizos; Borja, Pose,
Maroñas, (Samuel, 46), Dani, Chía, (Pablo, 70), Jorge, (Martín Caamaño, 88), David
Sampedro, Elías Ruso, Piki, (Babu, 90+3), Iago Dosil, (Adrián,90+1).
Árbitro: Sr. Belmonte Martell.-(1ª Aut.- A Coruña). Boa actuación a súa.
Asistentes: Sres.Cabido Suárez e Juncal García.-(2ª Aut.- A Coruña). Estiveron ben.
Ambiente e incidencias: Poucos seareiros
nas bancadas, só 70. Tarde nubrada sen chuvia pero moi fría con 9º. Non houbo
expulsados nin mancados de consideración.
Xogadas de perigo da SCD
Malpica: tras un rexeite en curto da defensa, Roi Carril, empalma un tiro raso que
fai lucir a Rizos. M. 64: tras un
saque de banda en longo de Dímaga, Cololo, agarra un disparo a media volta,
saíndo lambendo o poste esquerdo. M.
90+5: xogada dos malpicáns na liña de medios, onde Jaco cede sobre Cololo,
o cal a un metro da media lúa, empalma un tiro raso pegado ao poste dereito que
milagrosamente nun alarde de reflexos, o porteiro Rizos, envía a saque de
curruncho.
Comentario: O equipo da Serra
levou sempre iniciativa, conxunto de moita envergadura e mellor plantado no
campo, marcou os tres goles co mínimo esforzo e non conseguiu mais pola gran
tarde que tivo hoxe o porteiro local Víctor. Sempre soubo nadar e gardar a
roupa. Non precisaba facer uso de
tantas marrullerías e perdas de tempo.
A SCD Malpica, coas incorporacións, (Roi, Jaco e Cololo) mellorou
anteriores actuacións, sobre todo en actitude, pero necesita conxuntarse mais para poder aspirar a
salvarse.
Resultado: PONIENTE
2 – 4 MALPICA
Aliñación do Malpica: Juan; Chucho, Alb. Carballo, Alfredo, Alb.
Coruña; J.L. Arcay, Alb. Barizo, Leo, Luís Naya; Marcelino, Ban Ban. Tamén
xogaron: Chaves, Wasi, Abel.
Árbitro: Sr. Gerardo.- Ben en liñas xerais, aínda
que pasou por alto un penalti sobre Marcelino.
Comentario: Partido disputado na “Nova Porta Santa” de Paiosaco, baixo un temporal de
auga e vento que desluciu moito o fútbol que intentaron practicar ambos
equipos.
Os veteranos malpicáns, con só tres trocos no banco, aguantaron co vento en
contra, as embestidas do Poniente, acabando os primeiros 45 minutos con empate
a ceros. Na segunda parte, cos locais mais cansados e o vento a favor, os de
Malpica, lograron solventar os tres puntos co acerto nos tiros e o formidable
remate en prancha do veteranísimo Abel.
AGORA E
SEMPRE COA SCD MALPICA!