Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

jueves, 30 de enero de 2020

Axenda de partidos da SCD Malpica para esta fin de semana:

AFECCIONADOS:
   Desprazamento da SCD Malpica a Esteiro o vindeiro domingo para enfrontarse á SCRD Esteirana, conxunto que ocupa o 3º posto na táboa clasificatoria, e que, tralo descenso da 1ª Galicia a tempada pasada, esta loitando xunto co Corme e o Ponteceso, para retornar a ela.
  Á SCRD Esteirana, foi fundada na tempada 1971/72, acreditando até a tempada 2018/19, 48 tempadas na "costa" repartidas en: 7 en 1ª, 27 en 2ª e 14 en 3ª, acredita 3 títulos de liga e dúas "copas da costa".
 Tamén conseguiu, na tempada 1976/77, o subcampionato de Galicia de afeccionados, enfrontándose na final ao Alondras de Cangas (3-1 e 1-2).
   Os malpicáns de Adrián Bardanca "Gurita", trala racha de vitorias do comezo desta segunda volta, cortadas polo Ponteceso o pasado domingo, pretenden sorprender á poderosa Esteirana no seu feudo, empresa moi difícil, dado o número de baixas coa que contan para o citado partido, así, o "mister" non poderá contar con: Michi, Alberto H. e Marcos Nuñez por lesión, Aitor e Jairo por sanción e por último, Pace, Juan Fuentes e Brais Ceán por traballo.
  Así as cousas, á SCD Malpica, a pesares de presentar un equipo de circunstancias, loitará para volver cun bo resultado, para que, en partidos sucesivos volver a contar co plantel ao completo seguir coa boa racha do comezo desta 2ª volta.

Veteranos:
Pola súa banda os Veteranos da SCD Malpica, reciben na "Pedra Queimada" ao resucitado Buño de Veteranos SCD, equipo que tras un mal comezo de tempada, conseguiu reforzos e está a facer unha boa segunda pare do campionato.
 Campos, árbitros e horarios dos partidos: 


2ª Galicia - Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 20ª :


Campo            :           “Xosé Luís Vara”                      (Esteiro, 101 x 60, herba artificial)                   
Equipos           :           SCRD ESTEIRANA – SCD MALPICA 
Data e hora     :           Domingo: 02-02-20, 16:45 horas   
Árbitro             :          Sr. José Ml. Sánchez Noya, (, colexio de Santiago)
                                   - - - - - - - - - - - - - -

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 2ª volta – Xornada 17ª :

Campo            :           “Pedra Queimada”                    (Malpica, 100 x 60, herba natural)
Equipos           :           VETERANOS SCD MALPICA – BUÑO VETERANOS SCD
Datas e hora    :           Domingo: 02-02-20, 10:30 horas.-
Árbitro            :           Sr. Pablo Rama Cotelo, (Preferente Galicia, Colexio da Coruña)
                                       - - - - - - - - - - - - - - -
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!