XUVENÍS: Celebrouse na tarde de hoxe a 17ª xornada da "Liga da Costa" de xuvenís, onde, nesta segunda volta non participa á SCD Malpica, tras haberse retirado ao final da primeira volta, os resultados que se deron nesta xornada foron os seguintes e, a clasificación esta asi:
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
VETERANOS:
Nun partido moi disputado ante o A.C.D. S. Ramón de Veteranos, terceiro clasificado, os Veteranos da SCD Malpica lograron un meritorio empate a dous goles, (segundo consecutivo desta segunda volta), que lle mantén intactas ás aspiracións de clasificarse para a promoción de ascenso.
Aliñación dos malpicáns: Suso; Chaves, Alberto Seaia, Alberto Carballo, Suso Zas; Mútio, Arcay, Leo, Palermo, Nacho, Richard.
Tamén xogaron: Luís Naya, Washi, Javi Bermejo, Nando Couto, Abel, Fdo. Couto.
Goleadores: 0-1, m. 34: Palermo (p). 1-1, m. 52: Juan Carlos. 1-2, m. 68: Arcay. 2-2, m. 70: Rubén.
Resultados e clasificacións da xornada:
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
"LIGA D A COSTA":

Tal como queda dito anteriormente, aos malpicáns sobroulle a segunda parte, demostrando os da Vila do Pondal, o por que, do segundo posto que ocupan, en fin, qué á SCD Malpica non tivo o seu día.

Goleadores: 1-0, m. 8, Mante, remata dende cerca un rexeite do porteiro visitante a un saque de curruncho. 1-1, m. 26: Charro, de tiro cruzado nun man a man con Damián. 1-2, m. 32: xogada individual por banda dereita de Martín Puente, que resolve ante Damián. 1-3, m. 90: penalti por unha tímida man dun defensor malpicán que Xuco transforma.
Abiente e incidencias: Preto de 135 seareiros nas bancadas, sendo até o momento a mellor entrada da tempada.
Debutaron nas rengleiras da SCD Malpica, o veterano exdeportivista Xaco e mais Ceide, ambos procedentes do Laracha CF e UD Cerqueda.
A nota negativa, causouna o futbolista da SCD Malpica, Alberto Hombre, que, nunha xogada fortuíta, resultou mancado nun xeonllo o cal houbo que trasladalo nunha ambulancia ao hospital Quirón. Segundo á última información facilitada polo Delegado de clube local, realizáronlle unha R.M. e, ao parecer non ten o menisco danado, agora esta en observación por si tivera algún ligamento mal ou algún cartílago.
Esperamos e desexamoslle unha pronta recuperación.
Resultados e clasificacións da xronada:
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!