Recibe á SCD Malpica este vindeiro domingo na "Pedra Queimada" a un rival veciño e moi potente esta tempada, xa que é, xunto co Corme CF, o máximo aspirante ao campionato.
O clube malpicán que, esta a facer unha segunda volta "inmaculada" (tres de tres), a pesar de contar coas baixas de Michi Castro (mancado) e Aitor (sancionado), espera darlle moito que facer ao poderoso Ponteceso SD, e, coa nova incorporación de Ceide esta semana, aspira a quedarse cos tres puntos, a cousa non vai ser doada, pero os homes de Adrián Bardanca (Gurita) queren continuar coa boa racha nesta segunda volta.
O clube Ponteceso SD, pioneiro da "costa" xunto con outros oito equipos, foi fundado na tempada 19063/64, alcanzando na "costa" ás 52 tempadas de competición, sen contar outras dúas que estivo na "Liga de Arteixo" e outras dúas que estivo de baixa temporal sen competir. Acredita seis títulos de liga e catro de copa.
V E T E R A N O S :
Polo que respecta aos Veteranos da SCD Malpica, desprázanse a Laracha, onde no campo Municipal, enfróntanse ao San Ramón de Veteranos. Esta tempada para os malpicáns esta sendo algo irregular, pero manteñense polo medio da táboa.
Campos, árbitros e horarios dos partidos:
2ª Galicia - Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 19ª :
Campo : “Pedra Queimada” (Malpica,
100 x 60, herba artificial)
Equipos : SCD MALPICA – PONTECESO SD
Data e
hora : Domingo: 26-01-20, 16:30 horas
Árbitro : Sr. David Vázquez Lema, (1ª Galicia, colexio da Coruña)
-
- - - - - - - - - - - - -
1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 2ª volta – Xornada 16ª :
Campo : “Municipal da Laracha” (Laracha, 102 x 61, herba natural)
Equipos : ACD
S. RAMÓN DE VETERANOS – VETERANOS SCD
MALPICA
Datas e
hora : Domingo:
26-01-20, 09:30 horas.-
Árbitro : Sr. Mella Fernández, (F. Base e Veteranos, Colexio da
Coruña)
- - - - - - - - - - - - - - -