Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

sábado, 18 de enero de 2020

Resultados e clasificacións Xuvenís, Veteranos e Afeccionados da SCD Malpica:


   Xa, sen á SCD Malpica en competición da Primeira Autonómica xuvenil Grupo 2º da "costa", por RETIRADA, este sábado celebrouse á décimo sexta xornada, primeira da segunda volta, os marcadores e clasificación da mesma son os que se sinalan a continuación na táboa que se mostra ao efecto:

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

VETERANOS:

Á Asociación de Veteranos da SCD Malpica, acada un empate na "Pedra Queimada" ante un Deportivo Carballo, escaso de efectivos pero moi peleón.
Os malpicáns, que lograron remontar un tanteo en contra acadado polos visitantes no min. 5, non souberon ao final tremar da renda mínima que conseguiran coa remontada.
Polos veteranos malpicáns xogaron: 
Chaves; Luís Naya, Alberto Seaia, Leo, Nando Couto; Mutio, Javi Bermejo, Arcay, Palermo, Nacho, Richard.
Goleadores: 0-1, min. 5: José Antonio Rei. 1-1, min. 33: Palermo. 2-1, min. 66: Richard. 2-2, min. 83: Víctor.
RESULTADOS E CLASIFICACIÓN DA XORNADA: 

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA! 


SCD MALPICA AFECCIONADOS:

CON VARIAS BAIXAS POR SANCIÓN, PRESENTOUSE Á SCD MALPICA EN "SAN PAIO DE REFOXOS", E, PARA COLMO DE MALES, MICHI CASTRO NO MINUTO 21 DE PARTIDO,  TIVO QUE ABANDONAR O TERREO DE XOGO MANCADO POR UN GOLPE NA CLAVÍCULA.
  MENOS MAL, QUE SURDIU UN HOME SALVADOR QUE CO SEU HAT-TRICK LEVOU EN VOANDAS AO EQUIPO, ESTE FUTBOLISTA FOI JAIRO, O CAL NA COMPAÑA DE TODO O EQUIPO CONSEGUIRON UNHA MERECIDA VITORIA NUN CAMPO MOI DIFÍCIL ANTE UN ADVERSARIO PIONEIRO DA "COSTA".

POLA SCD MALPICA XOGARON: DAMIÁN, MANTE, BELAR, LUCIO, LAIK; MIGUELIÑO, KEVIN, MICHI CASTRO, (DIMITRI, 25), JAIRO, ALBERTO ESMORIS, (MARCOS NÚÑEZ, 84), ANDY.
GOLEADORES: 0-1, M. 46: JAIRO. 1-1, M. 51: BRUNO ROMERO. 1-2, M. 58: JAIRO. 1-3, M. 83: JAIRO.
NOTA DESTACADA DOS MALPICÁNS, FOI ACABAR O PARTIDO SEN TARXETAS. TODO UN ÉXITO DESPOIS DE 18 XORNADAS.
RESULTADOS E CLASIFICACIÓN: 






AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!