Resultado: SD
PILOÑO 0 – 1 SCD MALPICA
SD PILOÑO: Javier; Santi, Dani, Álex, Quique, (Moncho, 89), Vilariño, Jano, (Sergio,
65), Iván Fernández, Brian, Juan, Marcos, (Ignacio, 59).
SCD
MALPICA: Pombo; Adrián, Mario Casal, (Eloy Cabeza, 82), Alemán, David Castro, Andrés,
(Abel, 60), Neucha, (Juan Carlos, 55), Cheo, ©, Óscar Suárez, (Martín Maradona,
69), Ismael, Fernando Varela.
Árbitro: Sr. José Luis Fernández Froiz.- (1ª Aut..-Santiago). Regular, tirando a
caseiro.
Asistentes: Sres. Fernández Montouto e Iglesias Penela.-(1ª Aut.-Santiago). Correctos.
Goleadores: 0-1, m. 90: Roubo de balón no centro do campo por mediación de Ismael, este envía sobre Eloy Cabeza, que envía un centro moi pechado, rexeita en curto a defensa local, o “coiro”
queda morto na área pequena e, ALEMÁN, moi oportuno empurra coa biqueira da
bota a rede.
Ambiente e Incidencias: Preto de 115 seareiros nas bancadas de “O Carballón”. Tarde nubrada e fría,
con 7º de temperatura. Non houbo expulsados nin mancados.
Xogadas de perigo da SD
Piloño: Partido nivelado na primeira parte, cunha
única ocasión de perigo por parte local no m.
27 por medio de Brian, o cal recolleu un pase dun compañeiro, plántase ante
Pombo e, o seu tiro a bocaxarro abórtao o porteiro malpicán na súa perfecta
saída.
Comentario: Continúa a
imbatibilidade da SCD Malpica nesta segunda volta da liga, e son xa 6 xornadas;
esta tarde foi quen de conseguir merecidamente os tres puntos ante un correoso
Piloño, é verdade, que a vitoria conseguiuse inextremis no m. 90, pero os
malpicáns levaron sempre a iniciativa no xogo, os locais, só aguantaron algo na
primeira parte, pero na segunda, mantívose sempre pechada atrás, estrelándose
sempre contra os defensores os ataques dos homes de David Baña.
Ao final chegaron os tres puntos que, co empate do Arzúa en Sigueiro,
permítenlle a SCD Malpica recortarlle distancias aos arzuáns, que so quedan a
tres puntos.
ALEMÁN, autor do gol en Piloño.-
Resultado: CORCOESTO
5 –0 MALPICA
Árbitro: Sr.
IVÁN.- Ben
Goleadores: 1-0, m. 21: Rober. 2-1, m. 29: Jesús Rama. 3-0, m. 66: Rober.
4-0, m. 67: Cano.
5-0, m. 71: Víctor.
Comentario: Nunha mañá
primaveral, o “líder” Corcoesto, vapuleou a un Malpica de veteranos, con moitas
ausencias nas súas ringleiras. Os malpicáns, con ta só once efectivos, só aguantaron
media hora, tendo neste tempo algún ha que outra ocasión, caso de Abel, pero
logo o Corcoesto con moita mais xuventude deuse un paseo de goles.
1ª Autonómica Xuvenil – 2ª Fase – 2ª xornada:
Resultado: CF
DUMBRÍA 8 – 0 SCD MALPICA
CF DUMBRÍA: Couto; Duarte,
Roberto, (Portu,75), Cabana, Jano, (Oli,75), Lucas, (Yeray,61), Martín, (Maikel,58),
Adrián Alcaina, © Marcote, (Charly, 71), Pablo, Javi.
SCD
MALPICA: Manuel; Jorge, (David,46), Víctor Novo, © Canario, Steven, (Brais, 61), Mouri,
(Chols,76), Guille, Almeida, Pitís, Eloy, Kevin, (Plejo, 80).
Árbitro: Sr. Aitor Prieto Rodríguez.- (1ª Aut.- A Coruña). Moi ben.
Xogadas perigosas da CF
Dumbría: M. 23: Martín, a pase de Marcote, tira alto cando se atopaba só dentro da área
pequena. M. 32: tiro lambendo o
poste dereito de Javi, tras xogada
individual. M. 47: tiro ao
traveseiro de Marcote. M. 64:
Canario, salva baixo paus un tiro de Javi.
AGORA E
SEMPRE COA SCD MALPICA!