Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

martes, 4 de febrero de 2014

Táboas de goleadores despois da última xornada disputada:

Cada vez esta mais apretadísima a clasificación dos goleradores, tanto na 2ª Autonómica da "costa" coma na 1ª Autonómica G.2º, dos equipos costeiros.

Así as cousas, observamos que, na "liga da costa", entre os dez primeiros, só hai tres goles de diferenza, iso quere dicir que, si se mantén esta trendencia ata final da tempada e as lesións respetan aos futbolistas implicados, vai a ser unha loita deportiva sen cuartel, hai anos que non existe tanta competencia e aumentan os dianteiros goleadores nos equipos.

Tamén existe competencia na táboa de 1ª Autonómica, pero aquí a rivalidade só se centra entre tres futbolistas. Destaca, por mor das lesións sufridas, o retroceso polo momento do baiés, Martín M.C., dianteiro punteiro e goleador dende hai varias tempadas.

Con respecto aos xuvenís malpicáns, nesta primeira Fase recén acabada, proclamouse màximo goleador o escurridizo dianteiro Pitís, sobre o seus compañeiros, ÇAlmeida e Kevin, aínda que este último non puido disputar a última xornada por sanción. Pero a competición aínda continúa e calquera deles ten tempo a resarcirse.

Os veteranos malpicáns non sufriron variación, ao descansar esta xornada por tretirada do Corme.

Así quedan os cadros logo da disputa da última xornada de liga:
                                                                               
AGORA E SEMPRE CA SCD MALPICA!