Resultado: SCD
MALPICA 5 – 0 SIGUEIRO CF
SCD
MALPICA: Pombo; Adrián, (Jorge, 72. xuvenil), David Castro, (Víctor Novo, 72. xuvenil),
Alemán, Mario Casal, Fernando Varela, Eloy Cabeza, Juan Carlos, Óscar Suárez, Ismael,
Martín Maradona, (Neucha, 56).
SIGUEIRO
CF: Diego; Veneno, (Borja, 51), Munitis,
Pereira, Isma, (Libass, 68), Fer, Juanito, José Ángel, Marcos, Juli, (Veiga,
51), Jacobo, (Óscar, 32).
Árbitro: Sr. Zas Vázquez.- (1ª Aut..-A Coruña). Moi ben.
Asistentes: Sres. Méndez Losada e García Gómez.-(2ª Aut. e Aux..-A Coruña). Correctos.
Goleadores: 1-0, m. 7: centro de Juan Carlos, sobre Óscar Suárez, este profundiza o pase ante o
desmarque de ELOY CABEZA, o cal fusila a Diego dende cerca. 2-0,
m. 27: medido centro ao punto de penalti de Fernando Varela, aos dominios
de ELOY CABEZA, que empalma unha chilena de espaldas a portería que Diego ve cando esta o “coiro”
dentro da portería. 3-0, m. 64: 3º
saque de curruncho consecutivo sobre o portal de Diego, efectuado por Neucha
moi pechado, ALEMÁN, moi oportuno remata a rede. 4-0, m.
70: pase entre liñas de Fernando Varela, sobre o desmarque de ÓSCAR SUÁREZ, o cal no man a man con Diego, báteo por baixo. 5-0, m. 77: falta lateral moi
preto da bandeirola, que saca JUAN CARLOS, moi pechado e o “coiro” entra na portería sorprendendo a un despistado
Diego.
Ambiente e Incidencias: 105, seareiros nas bancadas.
Tarde soleada pero con forte vento do S.O. e 13º de temperatura. Non houbo
expulsados. Tivo que retirase mancado no m. 32 o visitante Jacobo, cun golpe
nun xeonllo debido a un choque fortuíto. Na SCD Malpica. Aliñaron na 2ª parte
dous xuvenís, debutando Jorge, na 1ª Aut.
Xogadas de perigo da SCD
Malpica: M. 16: Centro de Martín Maradona, cun precioso
remate de cabeza de Óscar Suárez, e gran parada de Diego. M. 26: Falta lateral que bota Juan Carlos, e esta a punto de marcar
en propia meta o defensor Pereira, peiteando o “coiro” para atrás. M. 46: Adrián, envía un centro longo ao
que non chega por milímetros Óscar S. M.
56: saque de curruncho de Juan Carlos, que remata Mario Casal, alto, case
na liña de gol. M. 61: Neucha, en
saque de falta dende a media lúa, manda o “coiro” ao traveseiro. M. 68: rápido contraataque malpicán ao
primeiro toque entre, Fernando Varela, Juan Carlos e Adrián, este algo escorado
tira cruzado, lucíndose Diego. M. 87: novo
contraataque do conxunto malpicán, tocan: Ismael, Juan Carlos, Óscar Suárez e
Neucha, este tira e volve a lucirse Diego, esta vez cos pes.
Xogadas de perigo da Sigueiro
CF: M. 15: Saque de curruncho de Óscar, e testarazo de Fer, alto por pouco. M. 36: noutro saque de curruncho de Óscar,
amaga o remate José Ángel, e Fer, desmarcado remata alto. M. 48: a única indecisión defensiva local, intenta aproveitala
Pereira, o cal encara a Pombo, pero a súa vaselina, resólvea o porteiro malpicán adornándose na
estirada.
Comentario: Exhibición da SCD
Malpica, sobre todo na segunda parte, ante un Sigueiro CF, que intentou xogar sempre
un fútbol vistoso e de toque, comportándose sempre moi deportivamente e se
empregar nunca malos modos. O malo para eles foi, que o equipo malpicán esta
atravesando un racha de xogo e resultados extraordinaria ao que lle sae ben practicamente
todo que intenta facer.
Trio arbitral e Capis: (Diego-Sigueiro) Ismael (SCD Malpica)
Resultado: CORME CF 2 – 1 SCD MALPICA
CORME CF: Rubén; Sergio, Palmiro, (Bruno, 70), Fran, Eloy, Jósua, Antonio, © (Dani,
90), Brais, Alejo, (Alberto, 80), Juanma, Isaac, (Manu, 69).
SCD
MALPICA: Manuel; Jorge, Víctor Novo, (Chols,79), Canario, © Steven, (Brais, 90),
Mouri, (David,63), Pitís, Guille, Almeida, Eloy, Kevin.
Árbitro: Sr. García García, Diego.- (3ª Aut..- A Coruña). Moi mal. Sen
carácter e pitando sen criterio. Castigou con dous penaltis aos malpicáns, a
estancias dos futbolistas locais, o primeiro (m. 30), por mas involuntarias de
Jorge, a saída dun saque de curruncho e o segundo (m. 78), por unha caída en
choque mutuo entre Víctor Novo e Brais,
dentro da área.
Goleadores: 0-1, m. 68: xogada entre Kevin, Almeida, ELOY, que este resolve cun tiro dende a media lúa que chega a tocar Rubén,
entrando o “coiro” na portería. 1-1, m.
78: nun ataque cormelán pola banda dereita, o dianteiro Brais, pugna con
Víctor Novo, e ambos caen, mais polo choque entre eles que por intento de
derrubo, o árbitro sinala penalti, que JUANMA, transforma a dereita de Manuel. 2-1,
m. 90+2: unha saque de banda á altura da raia divisoria dos dous campos,
rapidamente efectuado por Sergio, sobre JUANMA, os futbolistas malpicáns dórmense e non presionan ao cormelán, que alcanza
un trallazo impresionante que se cola pola escuadra dereita de Manuel, ante o
delirio dos locais e a desesperación dos visitantes.
Ambiente e incidencias: 60 persoas nas bancadas do “Cairo” en tarde con nubes e claros e refagas de
sol. 13º de temperatura. No m. 63 o visitante Mouro, retirouse mancado.
Expulsado con dobre amarela o local Jósua. No m. 30, mans involuntarias do
malpicán Jorge, que o árbitro sanciona con penalti, lanzado por Jósua, gran
parada de Manuel, adiviñándolle a intención.
Xogadas perigosas da Corme
CF: M. 9: xogada de Juanma dentro da área cun tiro cruzado que detén Manuel. M. 51: gran tiro de Juanma dende 30
metros e acertada parada de Manuel. M.
59: o lateral cormelán Sergio, recibe dun compañeiro un gran pase en
profundidade, plántase ante Manuel, pero o seu forte tiro é detido polo
porteiro malpicán, o rexeite cáelle aos pes de Isaac, baixo paus e tira fora.
Xogadas perigosas da SCD
Malpica: M. 13: Falta directa dende a liña de medios que saca Kevin, parando Rubén, con
acerto. M. 47: saque de banda en longo de Jorge, rexeita en curto un defensor
aos pes de Mouri, na media lúa, que tira lambendo o poste.
Comentario: A pesar da
actuación arbitral, o conxunto malpicán non realizou un bo partido, a veces
aínda algo desganados por parte dalgúns futbolistas, parece, que a forte
derrota sufrida ante o CF Dumbría, mermou a moral dos rapaces da
SCD Malpica, reaccionaron bastante ao adiantarse no marcador, pero logo a falta
de concentración e as continuas protestas ao colexiado permitiulle a un Corme
CF, peleón e a veces con fútbol de toque, remontar e alzarse cos seus tres
primeiro puntos.
Aínda quedan partidos para emendar a situación, o que hai é que levantar a
moral dos rapaces e iso e faceta do “míster”, que non dubidamos que así o fará.
Canario e Antonio, capis, co colexiado.-
AGORA E
SEMPRE COA SCD MALPICA!
XI edición da
“Liga da Costa” de Fútbol Veterano– (2ª volta) 22ª Xornada:
Resultado: MALPICA
0 –0 CERQUEDA
Árbitro: Sr.
España Andrade.- Moi ben
Goleadores: Non houbo goles
Comentario: Partido moi malo,
dende o primeiro minuto ata o último. Os futbolistas veteráns de ambos bandos dedicáronse
mais a practicar o individualismo ca xogar en equipo, de aí, que tan só houbera
unha ocasión por bando, a primeira por parte do Cerqueda cun tiro al traveseiro
nun saque de falta e por parte do Malpica, unha vaselina de Álex, só ante o
porteiro visitante que lanzou alta.