1ª Autonómica Grupo II –2ª volta - Xornada 24ª :
Campo : “Pedra Queimada” (Malpica)
Equipos : SCD
MALPICA – SIGUEIRO CF
Data e hora : Domingo: 23-02-14, 16:15 horas.-
Árbitro : Sr. José Luís Zas Vázquez.-(1ª Aut.-A Coruña).
Asistentes : Sres. Méndez Losada e García Gómez.-(.-A Coruña).
Partido ante o Sigueiro CF, do excompostelanísta, exdeportivísta e exbético
JUANITO, o vindeiro domingo en campo malpicán. A SCD Malpica, a non deixarse
impresionar polo equipo do, nos seus tempos formidable futbolista, pero que
agora esta intentando axudar ao conxunto da súa terra, pero, aínda que conserva
destellos, os anos non perdoan, pois non hai mais ca mirar a clasificación.
Esta, nestes intres esta así para os visitantes cando leva 22 xornadas
disputadas (ten un partido aprazado contra o Cordeiro CF), posto 15º, gañados
4, empatados 9, perdidos, 9, ten 24 goles a favor e 37 en contra cun total de
21 puntos, a catro do descenso directo.
Os homes de David Baña, cunha tempada formidable e unha segunda volta
impecable, seguen ao seu e non lles importa que veñan extalentos futbolísticos,
a súa intención é dar “caza” ao C.S.D. de Arzúa, 2º clasificado, para poder
disputar a promoción de ascenso a Autonómica Preferente, xornadas quedan para
elo, ademais, os de Arzúa, teñen que render visita a “Pedra Queimada”.
Na 1ª volta deuse o
seguinte resultado:
20-10-13: SIGUEIRO CF 0 – 0
SCD MALPICA (Goles:non houbo).
1ª
Autonómica Xuvenil - 2ª Fase – 1ª volta – Xornada 3ª:
Campo : “O Cairo” (Corme)
Equipos : CORME
CF -
SCD MALPICA
Data e hora : Sábado:
22-02-14, 16:45 horas
“Auga pasada non move
muíño”, iso é o que teñen que pensar os rapaces xuvenís
malpicáns no seu vindeiro enfrontamento ante o Corme CF, no “Cairo”, a onde se
desprazan.
O Corme CF, que aínda non sumou nesta 2ª Fase, intentará sumar os tres
primeiros puntos a consta dos malpicáns, pero estes, van a intentar poñerllo
difícil. O partido presentase moi aberto, onde o factor campo neste caso non
vai a ser determinante, posto que os rapaces da SCD Malpica, aos que o seu
adestrador Fernando Varela, xa os recuperou moralmente, xa saben o que é vencer
no “Cairo” pois na 1ª Fase xa o fixeron, ademais con certa rotundidade.
Na 1ª Fase da liga os
resultados entre os dous equipos foron:
31-08-13: SCD MALPICA 1 –4 CORME
CF (Goles: 1-0,
Víctor Novo. 1-1, Alexo. 1-2, Alexo. 1-3, Juanma. 1-4: Manu).
16-11-13: CORME
CF 1 –3 SCD
MALPICA (Goles: 0-1: Kevin. 0-2: Kevin. 1-2: Brais. 1-3: Almeida).
Equipo xuvenil da SCD Malpica, vencedor en Corme.-
XI Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – 2ª Volta - Xornada 21ª:
Campo : “Pedra Queimada” (Malpica)
Equipos : MALPICA - CERQUEDA
Data e hora : Domingo:
23-02-14, 11:00 horas
Árbitro : Sr. España.-
Resultado da primeira
volta:
27-10-13: CERQUEDA 1 – 3 MALPICA
AGORA E
SEMPRE COA SCD MALPICA!