Información sobre a historia da SCD Malpica. Resultados e crónicas de tódalas xornadas.
Libros
martes, 11 de febrero de 2014
Goleadores, SCD Malpica, 1ª Autonómica e "liga da costa"
Outra xornada mais e segue a igualdade nas cabeceiras das táboas dos goleadores. Así, na 2ª Aut.da "costa", cando parecía que se distanciaba David Blanco (Sp. Zas), achégaselle outro competidor, Joaquín (San Lourenzo). Xa son once os futbolistas que están aí cunha diferenza de 2, 3 e 4 goles. Ningún deles se quere rendir e, a falta de 12 xornadas e os partidos aprazados, calquera deles se pode levar o "pichichi". Na 1ª Autonómica, entre os equipos "costeiros", parece que é cousa de tres, non obstante, Dieguito (Ponteceso e Martín MC (CD Baio), aínda non tiraron a toalla. En canto aos goleadores do conxunto malpicán, nas súas tres categorías, Óscar Suárez, Kevin e Richard, continúan comandando a táboa.
Dende que colaborei na creación do club e se formou o primeiro equipo, sigo á SCD Malpica durante cada xornada ata tódolos campos nos que xoga. Luis E. Porto Varela
Contador de Visitantes
Tras 200.000 visitas recibidas, seguimos sumando...
Contador web