Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

viernes, 7 de febrero de 2014

Axenda de partidos da SCD Malpica, para esta fin de semana:



1ª Autonómica Grupo II –2ª volta - Xornada 22ª :
Campo             :           “Pedra Queimada”         (Malpica)                     
Equipos           :           SCD MALPICA     SD VILLESTRO
Data e hora      :           Domingo: 09-02-14,  16:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Pichel Castro, Javier.-(1ª Aut.-A Coruña).
Asistentes        :           Sres. Vázquez Lema e Boedo Varela.-(2ª Aut..-A Coruña).
Cumpre visita a “Pedra Queimada”, o vindeiro domingo a SD Villestro, terceiro clasificado do grupo. Este conxunto, que, igual ca tempada pasada (4º con 59 puntos), esta a facer unha campaña sensacional e que incluso pode superar se aguanta o ritmo de competición actual, pois esta a 17 puntos a falta aínda de 13 xornadas para o final.
Nestes intres e, con 21 xornadas disputadas, acredita 42 puntos, froito de 13 vitorias, 3 empates e 5 derrotas (una delas como se recordará no seu campo fronte SCD Malpica), materializou 45 goles ( a 2,14 de media) encaixando 23, igual ca os malpicáns, é dicir, leva unha magnífica regularidade.
A SCD Malpica, non lle queda atrás en canto a regularidade, só que ten 2 puntos menos, (40), pero tamén acredita dúas derrotas menos, un gol menos a favor e os mesmos en contra.
O partido, que se adianta 15 minutos do horario oficial, por mor da televisarse o Depor (18:15 horas), promete ser  interesantísimo dada a calidade dos dous contendentes, confiando os futbolistas e seareiros da SCD Malpica, que esta atravesando unha  moi boa racha de xogo e resultados, que os tres puntos se queden en Malpica, para deste xeito lograr adiantalo na clasificación e achegarse á segunda praza.
Na 1ª volta deuse o seguinte resultado:
06-10-13: SD VILLESTRO  1 – 2  SCD MALPICA      (Goles: 1-0, Rial (p). 1-1, Óscar Suárez. 1-2, Manu Casal).



  1ª Autonómica Xuvenil - 2ª Fase – 1ª volta – Xornada 1ª:
Campo             :           “Pedra Queimada”         (Malpica)         
Equipos           :           SCD MALPICA  -  CABANA SD
Data e hora      :           Sábado: 08-02-14,  16:15 horas           
Árbitro :                       Sr. Reborido Rodríguez.- (1ª.-A Coruña).
Acude ao campo malpicán o flamante campión da 1ª Fase da liga, a disputar o primeiro partido da segunda Fase da competición, o Cabana SD.
O equipo cabanés, que acadou 47 puntos (6 mais ca SCD Malpica), preséntase cunha soa derrota en todo campionato, precisamente, fronte aos rapaces da SCD Malpica, este detalle, deberá estimular ao conxunto xuvenil da SCD Malpica, saíndo a disputar o partido sen complexos e sobre todo, sen piques antideportivos que poden acarear sancións para futuros partidos da competición que, dado o curta que é, pode afectar decisivamente logo na obtención dunha das prazas que dan dereito a liguiña de ascenso.
Insistimos desde este blogue, hai que evitar malos modos, xogar con intensidade e con deportividade, pero sen mala intención, deste xeito pódese alcanzar os tres puntos que sería un destacado comezo con miras ao futuro, hai equipo para elo.
Lembrar a ambos contendentes, que esta segunda Fase, accedese sen ningunha tarxeta, e dicir, coa conta a cero, como se comezara agora a competición.
Os resultado acadados por ambos equipos na 1ª fase da liga foron:
14-09-13: SCD MALPICA  2 –1  CABANA SD        (Goles: 1-0, Diego (p.m.). 2-0, Kevin. 2-1, Steven, (p.m.).
30-11-13: CABANA SD     3 – 1 SCD MALPICA     (Goles:  1-0; Iván Mato. 1-1; Kevin. 2-1; Álex. 3-1, Iván Mato).

XI Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – 2ª Volta -  Xornada 20ª:
Campo             :           “Pedra Queimada”         (Malpica)
Equipos           :           MALPICA  -  AGUALADA
Data e hora      :           Domingo: 09-02-14, 11:00 horas
Árbitro :                       Sr. Codesido.-
Resultado da primeira volta:
13-10-13:   AGUALADA  0 – 1   MALPICA
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!