1ª Autonómica Grupo II –2ª volta - Xornada 23ª :
Campo : “O Camballón” (Piloño-Vila de Cruces)
Equipos : PILOÑO
SD –
SCD MALPICA
Data e hora : Domingo: 16-02-14, 16:15 horas.-
Árbitro : Sr. Fernández Froiz, José Luis.-(1ª Aut.-Santiago).
Asistentes : Sres.Fernández Montouto e Iglesias Penela.-(1ª Aut..-Santiago).
Correspóndelle esta fin de semana a SCD Malpica, outro longo desprazamento,
desta vez á parroquia de Piloño, do termo municipal de Vila de Cruces, a unha
distancia aproximada de Santiago de Compostela de 50 Km.
A SD Piloño, é un conxunto moi correoso, ao que a SCD Malpica, cústalle
moito dobregar, sobre todo no seu campo de “O Camballón”, verdadeiro fortín
para os locais. Alí os malpicáns caeron a tempada pasada por 3-1 logrando
dobregalos custosamente na “Pedra Queimada” por 3-2, esta tempada na xornada
6º, conseguiron arrincar un empate a ceros en Malpica. De tres enfrontamentos,
teñen unha vitoria cada un e un empate.
A SD Piloño, ocupa nestes intres o 9º posto, resultado de: 7 partidos
gañados, 6 empatados e 9 perdidos, realizou 29 goles e encaixou 33, acredita 27
puntos.
A SCD Malpica, que non coñece a derrota nesta segunda volta, ocupando unha
meritoria 3ª praza, buscará a primeira a vitoria no “Camballón” para continuar
aspirando alcanzar a segunda praza en poder do Arzúa que aínda ten que render
visita a campo malpicán.
Na 1ª volta deuse o
seguinte resultado:
13-10-13: SCD MALPICA 0 – 0 PILOÑO
SD (Goles:non houbo).
1ª
Autonómica Xuvenil - 2ª Fase – 1ª volta – Xornada 2ª:
Campo : “O Conco” (Dumbría)
Equipos : C F
DUMBRÍA - SCD MALPICA
Data e hora : Sábado:
15-02-14, 16:30 horas
Árbitro : Sr.Aitor Prieto Rodríguez .- (1ª Aut..-A Coruña).
Se a semana pasada ao xuvenís da SCD Malpica lles tocou enfrontarse ao
campión do Grupo IV, este sábado tócalle o CF Dumbría, igualmente o campión,
pero do Grupo III. Pero, a diferenza radica que, fronte ao Cabana, o partido
disputouse na “Pedra Queimada” e este enfrontamento será no “Conco”, campo dos
campións.
De todos os xeitos, os malpicáns viaxan coa moral moi alta e, se derrotaron
a un campión, por que non poden derrotar a outro?. A empresa non é doada, pero
debido á igualdade existente nos seis finalistas, pode darse calquera resultado
e, os rapaces da SCD Malpica, se actúan coa mesma intensidade da semana pasada,
sen protestas e concentrados no partido, poden regresar cos tras puntos,
loxicamente con permiso do CF Dumbría.
04-05-13: SCD MALPICA 2 –2 CF
DUMBRÍA (Goles: 1-0, Juny
(p). 2-0, Pitís. 2-1, Kevin. 2-2, Kevin).
11-05-13: CF
DUMBRÍA 1 –0 SCD MALPICA
(Goles: 1-0; Álex
Siaba).
XI Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – 2ª Volta - Xornada 21ª:
Campo : “Nova Porta Santa” (Paiosaco)
Equipos : CORCOESTO - MALPICA
Data e hora : Domingo:
16-02-14, 12:00 horas
Árbitro : Sr. IVÁN.-
Resultado da primeira
volta:
13-10-13: MALPICA 2 – 1 CORCOESTO
AGORA E
SEMPRE COA SCD MALPICA!
=PRESENTACIÓN
DO LIBRO “MAR DE PAIXÓN” EN CAMARIÑAS =
O sábado día 15 de FEBREIRO ás 19:00
horas do serán, no “Bar Arnela” do exfutbolista camariñán Juan Cabrejo, en
CAMARIÑAS, terá lugar a presentación
do libro “MAR DE PAIXÓN” “O fútbol na costa da morte”, que recolle a
publicación integra do cincuentenario da “liga
da costa”, a través de 236 páxinas e mais de 1.250 fotos, dos 69 equipos
participantes ao longo dos últimos cincuenta anos, (Tempada 1963/64 ata 2013/14).
Presidirá o acto, a Sr. alcalde de Camariñas,
D. José Valeriano Alonso de León, que, xunto cos autores, estará acompañado, pola
concelleira de Servizos Sociais e Deportes, Dª. Mª Carme Liñares, e por directivos
exdirectivos futbolistas e exfutbolistas dos clubes Camariñas FC, CF Porteño e
Xaviña FC, coa intención de facer mais amena a presentación, entaboando un
diálogo entre eles con diversas anécdotas acontecidas durante os anos de
competición.
Instantánes da presentación en Corcubión e Corme.-