Resultado: SCD
MALPICA 1 – 0 SD VILLESTRO
SCD
MALPICA: Pombo; Adrián, Manu Casal, (Abraham, 90), Alemán, David Castro, Fernando
Varela, (Mario Casal, 83), Abel, (Neucha, 46), Cheo, ©, Óscar Suárez, (Martín
Maradona, 71) Ismael, Juan Carlos, (Andrés, 46).
SD
VILLESTRO: Fernando; Guillermo, Agustín, Borja,
Alfonso, ©, Manuel, (Martín, 75), Pablo, (Miguel, 78), Dani Gesto, (Bruno, 88),
Rial, (Marcos, 46), Jóse, Choco.
Asistentes: Sres. Vázquez Lema e Boedo Varela.-(2ª e 3ª Aut..-A Coruña). Correctos.
Goleadores: 1-0, m. 50: Óscar Suárez, é obxecto de falta na media
lúa cando encaraba a portería tras un pase en profundidade de Fernando Varela,
na que se pediu a expulsión do defensor, ao estimar os locais que era o último
futbolista, o árbitro non o apreciou así e só mostrou amarela. A falta efectúa NEUCHA, coa súa perna zurda, cravando o “coiro” coma un obús na rede despois de
salvar a barreira.
Xogadas de perigo da SCD
Malpica: M. 22: zurdazo de Manu Casal,
dende 35 metros, que, tras perder o equilibrio o porteiro Fernando, saíu
lambendo o poste. M. 30: Falta lateral botada por Manu Casal, o 2º pau,
á que non chega ao remate por centímetros David Castro. M. 73: unha cesión na frontal da área de Andrés sobre Cheo, permítelle
a este, lanzar un forte tiro a media altura que detén con seguridade o porteiro
Fernando, moi ben colocado.
Xogadas de perigo da SD
Villestro: M. 41: internada do dianteiro
Rial, pola banda esquerda, o cal dende a liña de fondo envía un medido centro
aos pes de Choco, dentro da área pequena, este non consigue un bo control
permitíndolle rexeitar a David Castro, desfacendo un clara ocasión de gol. M. 68: Jóse, a cinco metros da frontal
da área, saca un sorpresivo tiro raso, ao que responde Pombo cunha gran parada.
M. 80: saque de curruncho que
efectúa Jóse, o testarazo de Martín, sácao nunha áxil estirada Pombo.
Ao final e, grazas a un formidable golazo de Neucha, os puntos quedaron na
casa e á SCD Malpica, pasa a ocupar a 3ª praza en prexuízo do bo equipo da SD
Villestro.
Cheo e Alfonso, capis e trio arbitral.
1ª Autonómica Xuvenil – 2ª Fase – 1ª xornada:
Resultado: SCD MALPICA 4 – 1 CABANA SD
SCD MALPICA: Manuel; Jorge,
Víctor Novo, © Canario, Steven, Diego, Guille, (Alberto, 76), Mouri, Pitís,
(Brais, 87), Eloy, (Almeida, 64, Kevin).
CABANA SD: Adrián; Cristian Villar, Raúl,
Aurelio, Laik, Diego Cacha, (Darío), Grille, (Paulo, 62), Dani Mato, ©,
Redondo, (Óliver, 79), Álex, Iván Mato.
Árbitro: Sr. Edgar Soto Eiroa.- (Preferente Aut.- A Coruña). Impecable. Intentou consentir algo as
protestas dos futbolistas de ambos bandos na 1ª parte, pero foille totalmente
imposible, aplicando con severidade o regulamento na segunda, dado que ditas protestas
non remitían. Expulsou aos irmáns, Dani e Iván Mato, min. (72 e 75), ao
primeiro por unha entrada por detrás ao local Pitís, cando encaraba só ao
porteiro Adrián e, ao segundo por protestas e insulto leve. Por estas accións, e
algunhas outras durante o desenrolo do partido, foi increpado polos seareiros,
na maioría visitantes. Invalidoulle un gol ao local Kevin, por fora de xogo.
Ambiente e incidencias: Unhas 75 persoas nas bancadas en tarde se chuvia pero fría e con forte vento
do S.O., 10º de temperatura. Non houbo mancados de consideración aínda que si
diversos golpes de futbolistas de ambos equipos debido a intensidade con que
foi disputado o partido,
Xogadas perigosas da SCD
Malpica: M. 11: pase en profundidade de Kevin sobre
Eloy, que este empalma cun tiro esquinado pero Adrián lócese a saque de
curruncho. Sacado este por Pitís, prodúcese un pequeno barullo que Steven, só
baixo paus, estraga a ocasión tirando alto. M. 64: falta lanzada por Eloy, roza na cabeza dun defensor da
barreira facendo Adrián unha gran parada.
Comentario: Temíase a visita do recente campión de Liga, o Cabana SD, pero esta tarde,
a pesar de atoparse cun gol aos dous min., tivo un equipo en fronte que, salvo nalgunha
fase da primeira parte, non lle deixou
desenrolar o seu técnico e vistoso fútbol.
O partido, que tivo no forte vento un mal protagonista, disputouse con
moita intensidade por parte dos dous equipos, incluso con algo de pique entre
os futbolistas, froito delo as numerosas tarxetas amosadas con criterio do
colexiado e dúas expulsións. Hai que destacar que, cando estas ocorreron, xa o
marcador era favorable a SCD Malpica, por 3-1. Comeza ben pois a 2ª Fase da
liga para os rapacesa Malpicáns.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
XI edición da
“Liga da Costa” de Fútbol Veterano– (2ª volta) 20ª Xornada:
Resultado: MALPICA
2 –2 AGUALADA
Árbitro: Sr.
Codesido.- Ben en liñas xerais.
Goleadores: 0-1, m. 53: VIQUEIRA
de tiro raso cruzado dende fora da área que colle velocidade co campo mollado e
que se cola na portería de Nacho, a pesar da súa estirada. 1-1, m. 56: centro chut de MÚTIU, que tras dar nun defensa
descoloca ao seu porteiro e introdúcese na portería. 1-2, m. 80: COUTO, remata
dende o punto de penalti un centro dun compañeiro. 2-2, m. 85: MARCELINO,
escorado a liña de fondo e, sen apenas ángulo de tiro, clava o “coiro” nas
mallas.
Comentario: Primeira parte de
dominio total e absoluto dos veteranos malpicáns, pero sen crear verdadeiras
ocasións de perigo ante o marco rival.
Na segunda parte, co dominio alterno, chegaron os goles por ambos bandos,
ao final xusto reparto de puntos que deixa contentos a ambos contedentes.