=PRESENTACIÓN
DO LIBRO “MAR DE PAIXÓN” EN ARTEIXO =
O venres día 28 de FEBREIRO ás 20:00
horas na libraría “A LUS DO CANDIL” de ARTEIXO, terá lugar unha nova
presentación do libro “MAR DE PAIXÓN” “O
fútbol na costa da morte”, que
recolle a publicación integra de cincuentenario
da “liga da costa”, a través
de 236 páxinas e mais de 1.250 fotos repartidas entre os 69 equipos
participantes ao longo dos últimos cincuenta anos, (Tempada 1963/64 ata 2013/14).
Actuará de presentador -
moderador do acto, DON XULIO LÓPEZ VALCÁRCEL, notable poeta, narrador e
escritor deste país “GALIZA”.
Ao acto, que estará aberto a todo clase de público, tamén están convidados
antigos directivos, futbolistas e persoal de todo tipo, relacionados non só co
fútbol “costeiro”, senón, tamén con todo fútbol arteixán dos distintos equipos
que compoñen as ligas das Mariñas - Arteixo,
coa intención de facer moi amena a presentación, entaboando un diálogo entre todos
con diversas anécdotas acontecidas durante os anos de competición dunha e outra
liga.
AGORA E SEMPE COA SCD MALPICA!