Resultado: CLUB
LAMELA 0 – 3 SCD MALPICA
CLUB
LAMELA: Marcos; Juanma, Andrés Amosa,
Jorge, Iván, Ipi, (Víctor, 68), Diego Villar, (Ángel, 68), Santi Fuentes,
Manuel Amosa, José Ramón, Santi.
SCD
MALPICA: Pombo; Adrián, Manu Casal, David Castro, Mario Casal, Andrés, ©, (Fernando
Varela, 73), Neucha, (Abel, 62), Cheo, Óscar Suárez, Ismael, Juan Carlos, (Eloy
Cabeza, 88).
Árbitro: Sr. Val Castro.- (1ª Aut..-Santiago). Regular
Asistentes: Sres. Pérez Mindeguía e Reboredo Riadigos.-(.-Santiago).
Ambiente e Incidencias: Preto de 90 seareiros nas
bancadas do “Mularedos”, nunha tarde nubrada ameazando chuvia e fría con 7º de
temperatura. Non houbo expulsados nin mancados nun partido disputado con enorme
deportividade.
Xogadas de perigo do
Club Lamela: Os locais, que aguantaron o partido nivelado de xogo na primeira
parte, apenas inquietaron a Pombo con ocasións de perigo.
Xogadas de perigo da SCD
Malpica: Tampouco os malpicáns inquietaron na primeira parte a portería local, o
dominio foi alterno e, salvo un saque de curruncho efectuado por Manuel Casal,
que salvou en ixtremis o porteiro Marcos o partido descorreu practicamente sen
oportunidades.
1ª Autonómica Xuvenil – 1ª Fase – (2ª volta) 22ª xornada:
Resultado: SCD MALPICA 6 – 1
SD LAXE
SCD
MALPICA: Manuel; Jorge, Víctor Novo, © Canario, Steven, Diego, (Gabi, 81), Pitís, Mouri,
(David 68), Almeida, (Plejo, 81), Guille, (Alberto, 68), Eloy, (Brais, 76).
SD LAXE: Martín; Sergio, Lolo, Simal, Pibe, © Santi, Ferri, Saleta, Elías, Adrián
Lema.
Árbitro: Sr. Pablo Rama Cotelo.- (1ª Aut.- A Coruña). Regular.
Invalidou un gol ao local Almeida.
Xogadas perigosas da SCD
Malpica: A verdade é que foron moitas e moi boas as oportunidades que tiveron os malpicáns, sobre todo nos últimos 15
minutos, cando xa os de Laxe, estaban esgotados física e animicamente,
destacamos as seguintes: M. 36: Centro
de Pitís con remate de Almeida as mallas que o árbitro anula, por suposto fora
de xogo. M. 37: bonito pase en
profundidade de Pitís sobre Diego, que encara a Martín, e cruza en demasía,
saíndo fora o “coiro”. M. 47: centro
de Almeida ao 2º pau, onde se atopa só Eloy, que remata alto, case baixo paus.
M. 63: centro chut efectuado por Víctor Novo, Martín deixa botar o “coiro” e
pásalle por enriba del lambendo o traveseiro. M. 80 e 83, Alberto, erra unha vaselina e un tiro a boca do xerro
só ante Martín,
Comentario: A pesar de
presentarse esta tarde na Pedra Queimada con 10 futbolistas, a SD Laxe, puxo
contra as cordas en moitos momentos da primeira parte a un conxunto malpicán,
que, froito dos posibles nervios, non daba unha a dereitas, e iso que comezaron
marcando no m. 13, pero as ideas non saían.
O equipo do Laxe, que foi quen levou case sempre a iniciativa nesta
primeira parte, foron quen de empatar, errando ademais un rigoroso penalti, o
cal de marcalo, igual estariamos agora comentando outro resultado, ademais, tiveron
o infortunio de marcar dous goles en propia meta. Víctor Novo, Sr. Rama Cotelo e Pibe
Aos rapaces malpicáns, veulles de perlas, o 2º gol marcado a falta de 2
minutos para o descanso, pois saíron con outra predisposición na 2ª parte e, a
partir do 3º gol, xa foi coser e cantar.
Agora a esperar o que depare o sorteo que se celebrará o vindeiro luns en
Baio, de cara a segunda Fase.
XOGARÁN A 2ª FASE DA LIGA, CUXO SORTEO
DE EMPARELLAMENTO SE CELEBRARÁ O LUNS
EN BAIO, OS SEGUINTES EQUIPOS:
GRUPO III:
CF Dumbría.
SCRD Esteirana
Xallas de Santa Comba
GRUPO IV:
Cabana SD
Corme CF
SCD Malpica
AGORA E SEMPE COA SCD MALPICA!