=PRESENTACIÓN
DO LIBRO “MAR DE PAIXÓN” EN SANTA COMBA =
O
venres día 21 de FEBREIRO ás 20:00 horas na libraría “LER” de Santa Comba, terá
lugar unha nova presentación do libro “MAR
DE PAIXÓN” “O fútbol na costa da
morte”, que recolle a publicación integra de cincuentenario da “liga
da costa”, a través de 236 páxinas e mais de 1.250 fotos dos 69 equipos
participantes ao longo dos últimos cincuenta anos, (Tempada 1963/64 ata 2013/14).
Fará de presentador - moderador do
acto, DON JOSÉ MANUEL VÁZQUEZ “Huelvis”
funcionario de Concello de Santa Comba e antigo e recoñecido futbolista de
prestixio de varios equipos da “costa” que, xunto cos autores, estará acompañado, por
directivos exdirectivos futbolistas e exfutbolistas dos clubes Xallas, Atl Mineiro, Terra de Xallas, SD
Castriz e Santa Comba, coa
intención de facer moi amena a
presentación, entaboando un diálogo entre todos con diversas anécdotas
acontecidas durante os anos de competición.
AGORA E SEMPE COA SCD MALPICA!