SORTEOS DA
IX “COPA DA COSTA XUVENIL” E DA SEGUNDA FASE DA LIGA
Na noite do Luns, tivo lugar en Baio, a habitual reunión dos equipos da “Costa”,
para o emparellamento e sorteo das primeiras xornadas (logo de farán os
calendarios), da IX Copa da Costa Xuvenil e, a segunda Fase da liga regular,
entre os equipos clasificados. Retirouse de participar na “copa” desta tempada,
o Soneira SD.
A reunión, que estivo presidida polo Secretario Xeral, da F.G.F. D. Diego
Batalla, acompañado polo Vicesecretario D. Benxamín Amido, o Tesoureiro, D.
José Gerpe e o presidente da Asociación de clubes da “costa”, D. Manuel Caamaño.
Asistiron a mesma os representantes dos seguintes equipos:
1.- Outes CF 10.-Muxía
CF
2.- UC Cee 11.-SD
Castriz
3.- Muros SD 12.-CF
Porteño
4.- Mazaricos CF 13.-SCRD
Esteirana
5.- Lira CF 14.-Xallas
de Santa Comba
6.- SD Coristanco 15.-Cabana
SD
7.- Ponteceso SD 16.-Corme
CF
8.- CD Baio 17.-CF
Dumbría
9.- Camariñas FC
Faltaron a cita, os representantes dos equipos: SD Fisterra, SD laxe e SCD
Malpica, ademais do mencionado SD Soneira (retirado).
A competición de copa, foi distribuída en dous grupos por proximidade
xeográfica, de sete equipos segundo
se detalla en cadro adxunto. A competición, que será a unha soa volta, comezará o vindeiro 22-02-14 e
finalizará o 24 de Maio, coa final a partido único nun campo a designar polos
dous finalistas. Clasificarán para OITAVOS DE FINAL, os CINCO EQUIPOS MELLOR
CLASIFICADOS, de cada grupo, quedando CATRO eliminados.
En canto á segunda Fase da liga, no que participarán os seis equipos
clasificados na primeira Fase (véxase cadro), comezará o vindeiro sábado
08-02-14 e finalizará o 12-04-14, o que dará un campión e un subcampión, os
cales disputarán a liguiña de ascenso a “Liga Galega. Incorporándose todos
eles, en OITAVOS DE FINAL, a “copa da costa”, no que se fará outro sorteo para
emparellar a todos os equipos clasificados. (DEZ dos grupos de clasificación,
mais os seis da liguiña.
ÚLTIMA HORA: (05-02-14)
Segundo informan da F.G.F., a SD Laxe xuvenil, retírase da "copa da costa", participando por tanto nesta primeira fase da liguiña a unha soa volta, 13 equipos, clasificándose para os oitavos de final, 10 equipos, quedando eliminados tres.
AGORA E SEMPE COA SCD MALPICA!