“LI”
Edición da “Copa da Costa” afeccionados, Dezaseisavos de Final (volta):
Campo : “Pedra Queimada, 100 x 60” (Malpica)
Equipos : SCD
MALPICA – UD CARNOTA
Data e hora : Xoves: 01-05-14, 18:00 horas
Árbitro : : Sr. Bruno Méndez Castro.(Pref. Aut.- A Coruña).
Asistentes : Sres. .------
Logo do tremendo revés e decepción sufrido o pasado domingo ante o C.S.D
Arzúa, na que os futbolistas, corpo técnico e por suposto os afeccionados
quedaron moi tocados psicoloxicamente, a SCD Malpica, afronta noutra
competición distinta, e na que aínda se pode conseguir bos froitos, pero para
elo hai que deixar aparcada momentaneamente a liga e centrarse vivamente na
“COPA DA COSTA”, competición de moi gratos e cercanos recordos para o club malpicán, pois aínda
este fresca a final xogada na campaña pasada.
Así que, hai que levantar esa moral e centrarse no partido de volta contra
á UD Carnota; un equipo que chega a “Pedra Queimada” ferido polo resultado
adverso da ida, pero que a falta de dúas xornadas para o termino da súa liga
esta clasificado libre de apuros na zona media da táboa e virá a vender cara a
súa derrota.
Así pois, hai que insistirlle a todo plantel da SCD Malpica, incluídos
técnicos e xunta directiva que, tal como esta o desarroio da competición é moi
doado chegar lonxe, pero para elo, hai que levantar o ánimo e centrase neste
partido coma se fora a final, e nada de saír relaxados, para non encaixar un
gol nos primeiros minutos que dificultaría a remontada. Ánimo e a gañar.
Marcador do partido de
ida:
17-04-14: UD
CARNOTA 0–1 SCD MALPICA (Goles:
0-1, m. 64: Abel).
Formación da SCD Malpica en Carnota.-
Plantel da UD Carnota na ida (0-1)
Abel, goleador malpicán en Carnota.-