Tarde aciaga para a SCD Malpica no seu enfrontamento dos dezaseisavos da "copa da costa" ante o CD Baio, conxunto da 1ª Autonómica, o cal fixo valer o día festivo sen competición ligueira, para saír con todos os efectivos titulares, (excepto MC e Bieito, tocados).
O partido foi tremendamente disputado, cun primeiro tempo mais nivelado e unha segunda parte de iniciativa do equipo baiés, loxicamente cun control do xogo, dado pola vantaxe de dous goles favorables no marcador.
Os malpicáns, tiveron dúas oportunidades ao inicio da contenda en sendos testarazaos de Vituco, (min. 9) e Juan Fuentes, (min. 14), pero os seus remates saíron fora por pouco.
Goleadores: 0-1, m. 23, tiro sorpresivo dende fora da área de Martín, que estra pola escuadra esquerda da portería hoxe defendida por Ángel, sen que este puidera facer nada.
0-2, mín. 29: xo0gada por banda esquerda de Adrián Lema, atrae aos defensores e, o seu centro ao segundo pau, remátao sen oposición Pablo Novo. 0-3, mín. 66: internada de Fachal en posición de interior esquerdo, centro atrás para Rubio o cal só remata a rede ante a psavidade da defensa local.
Táboa dos marcadores da xornada:
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!