Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

sábado, 26 de mayo de 2018

Avance informativo:


    Na tarde do venres e sábado, disputáronse os partidos de volta dos cuartos de final da "copa da costa", clasificándose para  semifinais os tres equipos da categoría de Preferente Autonómica, tal como estaba previsto antes do sorteo. Con isto queda totalmente claro tempada tras tempada, quen ou quenes van xogar a final, coa correspondente compensación económica que o disputala conleva para os dous finalistas.
    Os representantes dos clubes "costeiros" deben adoptar unha seria e severa "MEDITACIÓN" para conseguir que a "copa da costa" non se devalúe, pois con estes rivais acaba perdendo a emoción que anos a... tiña.

    A continuación móstrase á táboa cos resultados dos cuartos de final, ida e volta de Afeccionados e Xuvenís: 











Mais información de resultados, ampliando os indicados anteriormente. Esta mañá  domingo, xogáronse os partidos dos cuartos de final de Cadetes e Infantís da "copa da costa" dándose os resultados que se publican nas táboas correspondentes.
Como nota moi sobresaínte, tómen nota as directivas dos clubes "costeiros", é, a clasificación do CORME CF, para ás SEMIFINAIS de todas as categorías: Xuvenís, Cadetes e Infantís, iso demostra o traballo coa base do conxunto cormelán, que merece unha gran REFLEXIÓN, por parte das directivas dos demais clubes.
NORABOA! AO CORME CF.

 
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
sEGUIREMOS INFORMANDO COAS NOVIDADES DA "COSTA" QUE SE PRODUZAN DURANTE A FIN DE SEMANA.