Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

sábado, 12 de mayo de 2018

Axenda de partidos da SCD Malpica, para esta fin de semana:

   Despois da formidable vitoria no campo de Baio, eliminado nos Dezaseisavos de final a todo un primeira Autonómica, agardalle á SCD Malpica nos Oitavos o Sp. Zas, equipo, que acabou empatado a puntos cos malpicáns na competición ligueira.
   Sp. Zas e SCD Malpica, xa se atoparon nos oitavos de final da "copa da costa" na Tempada 2012/13, tempada na que o clube malpicán disputou a final co Xallas CF, daquela impuxéronse os malpicáns (0-0 e 2-1). Esperemos que desta vez suceda o mesmo, e poida á SCD Malpica, pasar a cuartos.
     Polo que se refire aos Cadetes, dispútan o último partido da liguiña de copa en Outes, fronte ao titular, conxunto que quedou campión de liga. O partido será de trámite, por que os malpicása xa están eliminados.
 

               “LV” Edición da “Copa da Costa” afeccionados, Oitavos de final (Ida):

Campo            :           “Pedra Queimada”   (Malpica, 100 x 60, herba artificial)           
Resultado        :           SCD MALPICA SP. ZAS
Data e hora     :           Domingo: 13-05-18, 18:00 horas        
Árbitro :           :           Sr. Óscar Rei Sánchez, (Colexio da Coruña).
Asistentes       :           Sr. --------

“Copa da Costa” de Cadetes- Eliminatoria POLO SISTEMA DE LIGA Grupo 1º -  5ª xornada:
Campo            :           “O Conchido”    (Outes, 100 x 63, herba artificial)         
Equipos           :           OUTES CF   SCD MALPICA
Data e hora     :           Domingo: 13-05-18, 11:00 horas.
Árbitro            :           Sr. Ángel Manuel Sobrado Tarrío, (Colexio de Boiro)

XV edición da “Copa da Costa” de Fútbol Veterano Eliminatoria Previa (Ida):

Campo            :           “Pedra Queimada”  (100 x 60, herba artificial, Malpica) 
Equipos           :           MALPICA  -  PORTEÑO
Data e Hora     :           Domingo: 13-05-18, 10:30 horas.
Árbitro            :           Sr. .-

Resultados partidos de Oitavos de final da “Copa da Costa” adiantados a xornada do domingo:
SD SONEIRA 7 – 0  CAMARIÑAS FC
OUTES CF 0 – 2  XALLAS CF

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!