Xusta derrota da SCD Malpica no campo de San Andrés de Zas, ante o Sporting, nunha tarde totalmente desacertada dos futbolistas de "Repi".
A tarde xa non comezaba ben para os malpicáns, pois por causas que se descoñecen, e, sin previo aviso, (?) o colexiado designado para dirixir o partido non aparecía para arbitrar, ao parecer, por indisposición. (?).
Independentemente deste dato, (sirva como anécdota) o conxunto local, baixo a batuta de Corredoira, soubo plantexar mellor o partido, baseando o seu xogo bastante combinativo, cunha presión constante sobre a lentitude do equipo da SCD Malpica, na que lle gañaban sempre a partida realizando contraataques por banda e buscando sempre ao escurridizo Dani, autor dos dous goles locais e que aínda puido marcar algún mais, ante a pasividade, lentitude e falta de intensidade dos futbolistas visitantes que daban a sensación de que estaban desexando acabar a competición para descansar.
Os malpicáns, só intentaron inquietar a portería dun Miguel A. moi acertado, nos últimos cinco minutos e nos seis que durou a prolongación, cun Sp. Zas metido atrás para defender o resultado, pero os seus intentos de remate, con varios saques de curruncho incluídos, nunca levaron a dirección correcta hacia á portería. Reclamaron sí con moita insistencia xa na prolongación unhas mans dentro da área dun defensor local, pero o árbitro fixo caso omiso da xogada, freando as protestas dos malpicáns con traxetas amarela e unha vermella.
Goleadores: 1-0, m. 14: Dani, de tiro cruzado sen paenas ángulo, que se lle colou ao porteiro malpicáns Anxo, polo pau curto. 2-0, m. 47: De novo Dani, de tiro dende o punto de panlti a portería valeira, ao recoller un rexeite de Anxo a tiro de Brais.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!