Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 13 de mayo de 2018

Copa da Costa, resultados de Afeccionados e Cadetes::


  Triste despedida da SCD Malpica da "copa da costa" de Cadetes, ao caer derrotado na última xornada da liguiña previa, ante o Outes CF (6-2), a pesar de que o equipo da Serra, tivo que disputar 24 horas antes, unha eliminatoria de ascenso a "Liga Galega", fronte ao Amio SD.
 Dado que se clasificaban catro de cada Grupo de seis, os malpicáns, xunto co Ponteceso SD, quedan eliminados do 1º Grupo, no 2º, os eliminados son á SCRD Esteirana e Camariñas FC.

 Goleadores en Outes: 0-1, min. 2: Luisiño. 1-1, min. 6: Rubén. 1-2, min. 27: Mario Pose. 2-2, min.52: Rubén. 3-2, min. 56: Del Río. 4-2, min. 61: Ryam. 5-2, m. 66: Martín. 6-2, min. 73: Óscar.

 Dado que falta o partido, Ponteceso SD-Corme CF, por disputar nesta categoría, mais tarde publicaremos os marcadores e clasificacións totais.

Polo que atañe aos veteranos do Malpica, esta mañá caeron derrotados na "Pedra Queimada" por 0-3, ante o Porteño, na eliminatoria previa (Ida) da "copa da costa" de veteranos.

  Á SCD Malpica, cobra vantaxe na ida dos Oitavos de Final, ao vencer ao SP. Zas, na "Pedra Queimada".
  O partido resultou emocionante con ráfagas de bo xogo por parte de ambos equipos; o SP. Zas, sobre todo na segunda parte, levou a iniciativa, tras encaixar un primeiro gol moi cedo, pero o porteiro e defensores locais, frearon con moito acerto os ataques visitantes, logo nun contraataque os malpicáns aumentaron a conta conseguindo o Sp. Zas, nas postrimerías do encontro, acurtar distancias, o cal deixa a eliminatoria con opcións para ambos clubes.

  Goleadores: 1-0, m. 8: Manteca, de formidable testarazo no segundo pau a saída dun saque de curruncho.2-0, m. 75: Eiroa, de forte tiro raso dende fora da área. 2-1, m. 82: Fabián, cun remate a liña de gol a centro de D. Blanco.

Marcadores:

 

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!