Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

viernes, 4 de mayo de 2018

Axenda de partidos da SCD Malpica desta fin de semana:


     Escasas expectativas de pasar a seguinte eliminatoria da copa da costa  lles quedan aos malpicáns, no seu enfrontamento o vindeiro sábado ante CD Baio trala derrota o pasado martes na "Pedra Queimada" (0-3).

     A vantaxe é significativa, pero a esperanza no fútbol é o último que se perde, pois fazañas recentes así o demostran (lémbrese a remontada do Roma ante o Barça).

      Por outra banda, tamén os Cadetes malpicáns se xogan o "ser ou non ser" na "copa da costa", pois unha nova derrota ante o Ponteceso, apartaríaos definitivamente da competición a falta dun partido; se gañan aínda quedan esperanzas, aínda que, algo remotas.

       Os enfrontamentos, horarios e árbitros da xornada do fin de semana, detállanse a continuación.     

 

  “LV” Edición da “Copa da Costa” afeccionados, Dezaseisavos de final (volta):

Campo            :           “Platas Reinoso”   (Baio, 103 x 65, herba artificial)       
Resultado        :           CD BAIO – SCD MALPICA
Data e hora     :           Sábado: 05-05-18, 17:00 horas          
Árbitro :           :           Sr. Luís M. Ínsua Lago, (Colexio da Coruña).
Asistentes       :           Sr. Iván Ferreiro Santos e Sebastián Pérez Rellán (Colexio da Costa da Morte)

“Copa da Costa” de Cadetes- Eliminatoria POLO SISTEMA DE LIGA Grupo 1º -  4ª xornada:

Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)      
Equipos           :           SCD MALPICA – PONTECESO SD
Data e hora     :           Domingo: 06-05-18, 10:00 horas.
Árbitro            :           Sr. Daniel Martínez Ferreiro, (Colexio da Costa da Morte)

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!