Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 6 de mayo de 2018

"Copa da Costa" marcadores do sábado:


   Nuns minutos de inspiración da segunda parte (do 15 ao 30), á SCD Malpica realizou unha fermosa remontada da eliminatoria a un CD Baio, plagado reservas e de xuvenís.(0-4).
    O conxunto local, mais pendente do partido de liga contra o Atl. Ribeira, co da eliminatoira de copa, víuse sorprendido por un impotente Malpica, da primeira parte (0-0), en tan só 15 minutos de inspiración, sobre todo, despois de conseguir o primeiro gol, tras un penalti claro cometido sobre Manteca. A partires de ahí e, con vinte e cinco minutos por diante, os malpicáns buscaron con intensidade a remontada, ante un CD Baio, con dez futbolistas (expulsado Mario Romero, min. 5), por cortar con falta unha xogada clara de gol cando un futbolista visitante, se marchaba só ante o poteiro baiés.
    Tralo segundo gol encaixado o nerviosismo e a inexperiencia dos locais, aproveitauna o Malpica, con futbolistas mais experimentados, para acabar remontando o o-3, da ida.

     Goleadores: 0-1, m. 64: Dani Casal, de penalti claro sobre Manteca. 0-2, m. 67: Dani Casal de cabeza, a centro de Juan Fuentes. 0-3, m. 70, Manteca, (o árbitro anotoullo a Santi) no segundo pau, tras rexeite en curto do porteiro local. 0-4, m. 75: Eiroa, de tiro cruzado, ao recoller un pase de Vituco.

     Resultados dos partidos de voltados dezaseisavos de final celebrados o sábado:
    
       Esta mañá na "Pedra Queimada" os Cadetes da SCD Malpica, dixéronlle adeus a "copa da costa" ao empatar co Ponteceso SD a dous goles.
       O equipo de Esmoris, despois dunha primeira parte notable na que se adiantaron no marcador con dous goles e que lles daba esperanza para continuar na "copa" a falta dunha xornada, acabaron sucumbindo na segunda parte ante os da Vila do Pondal nun penalti no último minuto.
         Goleadores: 1-0, m. 26: Luisiño. 2-0, m. 39: Raúl. 2-1, m. 61: Expósito. 2-2, m. 78: Diego Álvarez, de penalti.

      Resultados e clasificacións:


Veteranos do Malpica-última xornada:

Malpica 1 - 6  Cerqueda.-
 
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!