De grande éxito pode catalogarse o triunfo do equipo de Benxamíns de Fútbol Sala do Concello de Malpica, ao quedar campións provinciais dos campionatos do Grupo de Acción Costeira, celebrados a pasada semana.
Felicitamos a todos os compoñentes do Grupo que aparecen na foto celebrando o acontecemento, así como aos adestradores, familiares e compoñentes de corporación municipal.
Congratulamonos ademais, que estas iniciativas deportivas continúen apoiadas polo Concello, para que non decaia a actividade física e se poidan recoller os froitos destes rapaces para o futuro.
Noutro orde de cousas, informamos do resultados do segundo partido celebrado polo Mazaricos CF na promoción de ascenso a 1ª Autonómica e na que se pode ver que ata o momento a súa andaina pola competición marcha negativamente o que conleva a que se poida producir outro arrastre de descenso na "liga da costa".
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!