Despois do dobre tropezo nas dúas últimas xornadas ante o Volantes de Baño e o Buño SCD, corresponde á SCD Malpica visitar ao UC Cee, coa confianza de que a terceira irá a vencida, pois senón, xurdirá á "alerta laranxa" no equipo malpicán (8º con 13 puntos).
A empresa de puntuar non vai ser doada, pois, aínda que o UC Cee non esta a atravesar un bo momento (11º con 11 puntos), o historial do conxunto atemoriza aos seus adversarios.
O UC Cee, afiliouse á FGF, no ano 1945, (así figura nos datos federativos), e, logo de competir nas diversas competicións que se disputaban polas comarcas de Santiago, Noia e Muros, foi un dos oito clubes que fundaron a "liga da costa" na Tempada 1963/64.
Leva por tanto participando nas competicións oficiais dende aquela data, 55 tempadas, repartidas do seguinte xeito: 10 en Preferente, 11 en Primeira e 34 en Segunda. Ademais, tivo contou cun equipo "B" durante seis tempadas: 5 e Segunda Rexional e 1 en Terceira Rexional.
Os malpicáns, que recuperan para este partido a Brais Lado tralo cumprimento de sanción, perden por este mesmo motivo a J. Fuentes e a Gonzalo e Toni, mancados.
Pola súa banda á Asociación de Veteranos da SCD Malpica, que ven de sufrir unha severa derrota ante o CD. Razo, reciben na "Pedra Queimada" ao D. Carballo.
Campos, horarios e árbitros para á xornada:
2ª Galicia Grupo II – (Liga da Costa) 1ª volta – Xornada 11ª:
Campo : “San Paio de Refoxos”
(Cee, 104 x 68, herba artificial)
Equipos : U C CEE – SCD
MALPICA
Data e
hora : Domingo: 25-11-18, 16:15 horas.-
Árbitro : Sr. David Cancela García, (2ª Galicia, colexio C. da
Morte)
1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 1ª volta – Xornada 11ª:
Campo : “Pedra Queimada “ (Malpica,
100 x 60, herba natural)
Equipos : A.V.
SCD MALPICA – D. CARBALLO
Datas e
hora : Domingo:
25-11-18, 10:30 Horas.-
Árbitro : Sr. Iván Ferreiro Santos, (Fútbol base, colexio C. da
Morte)