Tarde desastrosa da SCD Malpica no seu desprazamento a Cee. O equipo de Adrián Bardanca (Gurita), non só naufraxiou en canto ao resultado, senón que ademais, sufríu as lexións de Belar (m. 33) e Dani Casal (m. 39) cando xa recibira un gol madrugador pero que aínda quedaba moito partido para poder emendarse.
O UC Cee, co ata catro xuvenís nas súas ringleiras, realizou un primeiro tempo moi productivo, facendose dono e señor do campo; no segundo, cun Malpica lanzado, soubo nadar e gardar a roupa ao final o segundo gol, precedido dunha grande falta do seu autor, que o sr. colexiado non sinalou, acabaron por desquiziar aos futbolistas malpicáns os cales acabaron ata catro no vestiario antes de tempo.
Goleadores: 1-0, m. 8: Adrián Canosa. 2-0, m. 86: Leo.
A SCD Malpica aliñou así: Eusebio; Mante, Belar, (Andy,33), Dimitrio, Jorge; Migueliño, Martín, Roberto, (Marcos, 59), Brais Lado, (Loureiro, 79), D. Casal, (Alberto H. 39), Aitor.
Romperon a mala racha os veteranos do Malpica, vencendo con merecemento a un pelexón D. Carballo.
Goleadores: 1-0, m. 21: Palermo. 2-0, m. 87: Palermo (p).
Agora e sempre coa SCd Malpica!