Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

viernes, 9 de noviembre de 2018

Axenda da SCD Malpica para esta fin de semana:


 

Novena xornada da "liga da costa" e 5º desprazamento da SCD Malpica cun saldo negativo ata de agora de dúas derrotas, (Ameixenda e Mazaricos) unha vitoria (Monte Louro) e un empate, (Cerqueda).

O vindeiro domingo, tal como mais a baixo se indica, réndese visita ao Volantes de Baño de Muros.

Este conxunto muradán participa na "liga da costa" dende a tempada 2011/12, ano da súa fundación, comenzando a súa andaina na 3ª Autonómica e conseguindo o ascenso á 2ª Autonómica ao final desa liga. En total, leva competindo oito tempadas coa actual, repartidas en cinco na 2ª Autonómica e tres na 3ª Autonómica. 

Pola súa banda á SCD Malpica, leva un racha de dúas vitorias cosecutivas e, segundo comentarios do adestrador e futbolistas, queren continuar sumando para aproximarse aos postos de cabeza, recoñecen que, a empresa de puntuar ante o Volantes non é doada, pero viaxan coa moral moi alta.

En canto aos veteranos da Asociación da SCD Malpica, que igualmente levan dous triunfos seguidos, reciben na "Pedra Queimada" ao A.C.D. San Ramón Veteranos (segundo equipo do San Román de Cavo Vilaño), esperando que continúe a senda da vitoria.

  A continuación detállanse os árbitros e horas dos partidos dos malpicáns:




2ª Galicia Grupo II – (Liga da Costa) 1ª volta – Xornada 9ª:

Campo            :           “Eleuterio Balayo”    (Muros, 94 x 53, herba artificial)               
Equipos           :           VOLANTES DE BAÑO   SCD MALPICA 
Data e hora     :           Domingo: 11-11-18, 16:15 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Julián Bujal Vidal, (Colexio de Santiago)

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 1ª volta – Xornada 9ª:

Campo            :           “Pedra Queimada””       (Malpica, 100 x 60, herba artificial)
Equipos           :           A.V. SCD MALPICA    A.C.D. SAN RAMÓN VETERANOS
Datas e hora    :           Domingo: 11-11-18, 10:30 Horas.-
Árbitro            :           Sr. Carlos Señarís Balsas, (2ª Autonómica, Colexio da Costa da Morte)

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!